Talleres
Infantil
Para nenos e nenas de 9 a 14 anos
23/04/2025
Xa rematou
Dende o 16/04/2025 ata o 23/04/2025
Require inscrición
Das 18.30 ás 20.00 h
1,5 h
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
Obradoiro para achegar a ciencia á rapazada dentro do centro de interese CienciaPro.
O mércores 23 de abril ás 18.30 h na Biblioteca Fórum Metropolitano temos o "Obradoiro de cianotipia: plantas e luz" impartido Rebeca García Carro, para nenos e nenas de 9 a 14 anos.
Sabías que podes pintar coa luz? descubre a impresión solar neste obradoiro de fotografía creativa chamada cianotipia. Empezaremos falando de onde ven este tipo de fotografía, quen foi Anna Atkins e que fixo na súa época para popularizar esta técnica. Para afianzar o explicado, pasaremos á parte técnica e empezaremos a crear as nosas cianotipias aproveitando as follas de árbores ou plantas da nosa contorna.
Agardámosvos na Biblioteca Fórum para unha nova aventura de SomosPro!
Actividade con inscrición previa.
Tamén che pode interesar
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible