Chané, fotografado por Avrillon
Entre o 15 de xuño e o 30 de agosto, a Biblioteca Municipal de Estudos Locais organiza unha mostra que lembra o centenario do falecemento de José Castro González Chané, un dos músicos que mellor soubo atopar a alma de Galicia.
A través da selección de publicacións que se expoñen, pódese percorrer a súa traxectoria vital unida sempre á música netamente galega chea de saudades.
Chané na Coruña
A derradeira vez que Chané estivo na Coruña foi en abril de 1908, chegado desde A Habana no barco Alfonso II acompañando os retos mortais de Curros Enríquez.
Con este motivo fíxose a fotografía firmada por Avrillon (o fotógrafo francés afincado na Coruña que renovaría a fotografía con novas técnicas) que se mostra nunha das vitrinas e na que aparecen, de esquerda a dereita, de pé: Bernardino Álvarez Otero, Robustiano Faginas, Francisco Tettamancy Gastó, Modesto Garrido, Florencio Vaamonde Lores; e sentados; Ramón Faginas, Alejandro Barreiro Noya, Emilio Castro, José Castro Ganozález Chané, Murguía e Eugenio Carré Aldao. Corría o ano 1908.
Chané xa só volvería á Coruña en 1917 para ser enterrado no Cemiterio de San Amaro.
Detalle da partitura
Chané e a emigración
A emigración vai marcar a música de Chané.
Na Habana coñece e faise amigo de Curros Enríquez. A partir de entón, a memoria do poeta permacecerá vencellada á do músico polas fermosas cancións que o maestro Chané creou musicando distintos poemas de Curros.
A partitura dunha delas pode verse na mostra. Trátase de Os teus ollos, obra que entoaron os coros e orfeóns coruñeses que acompañaron ao Orfeón El Eco en 1924, cando se inaugurou o Mausoleo adicado ao gran maestro, un dos máis inspirados músicos da nosa terra.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible