Imaxe do folleto editado nas "Bodas de ouro" do Coro
A Biblioteca Municipal de Estudos Locais conmemora o centenario de Cántigas da Terra (A Coruña, 28-12-1916), coa que xurdiu unha nova proposta artística que combinaba as voces cos instrumentos, o baile e o teatro autóctonos.
Desde a súa fundación a agrupación levou a cabo a tarefa de reunir, harmonizar, difundir e conservar a cultura do pobo galego, e fixo, tamén, aportacións novidosas como a presentación de mulleres, por primeira vez nos escenarios galegos, cantando no coro, aspecto este, que acabaría xeneralizándose entre todos os coros folclóricos do país.
A celebración das Bodas de Ouro fundacionais do Coro Cántigas da Terra, deu lugar a unha serie de actos, homenaxes e festivais, ademais da publicación deste folleto no que se reseña o máis interesante das súas actividades artísticas, culturais e sociais. Hoxe, 50 anos despois, a agrupación sigue traballando movido polos mesmos ideais que a viran nacer.
Cartel do Gran Festival Galego, 1920
Xa nos seus primeiros tempos podía verse reflectido nas actividades do Coro, o propósito que persigue a formación, aínda nos nosos días.
En 1920 o Coro organizou un gran festival galego no Teatro Apolo, onde foi presentado cunha poesía de Eladio Rodríguez González en galego. Houbo cancións tradicionais e a escenificación dunha obra de Antón Villar Ponte, "A patrea do labrego", na que puido verse un decorado pintado para a ocasión por Xosé de Souza Losada.
"...Cántigas melosiña, meigas cántigas
as cántigas galegas,...
N'elas rebule e vive
todo canto hai de musical na aldea
e todo canto amostra que Galicia
é un pobo dos máis líricos da terra"
Ven ver de preto estes materiais
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible