Ignacio Debeén, voluntario
A inmersión lingüística é unha liña de traballo coa comunidade que se establece en colaboración co IES Agra do Orzán e está dirixida a estudantes procedentes doutros países con dificultades no idioma inglés.
A través de dinámicas de rol e o xogo como estratexia educativa e creativa búscase a mellora das habilidades comunicativas do alumnado en inglés.
Hoxe coñecemos un pouco mellor a Ignacio Deben, licenciado en Sociología e profesor de español para estranxeiros, que colabora connosco como voluntario neste programa.
¿En que programa colaboras?
Nun programa de dinamizacion educativa, mediante un taller para mellorar as habilidades comunicativas en lingua inglesa dirixido a adolescentes.
¿Por que che fixeches voluntario?
Ilusióname e motívame o poder poñer en práctica as miñas habilidades para ensinar, á vez que me está servindo para adquirir unha experiancia moi valiosa. Eu gaño tanto como gañan os participantes no taller.
¿Participaches ou participas en accións similares?
Colaborei puntualmente con Cruz Vermella, en charlas informativas en Institutos de secundaria. Servíronme para ver de primeira man como se expresan os adolescentes nas aulas sobre temas que lles interesan. Sorprendeume que moitos deles/as están moi cohibidos e con poucas habilidades para expresarse.
¿Que che achega a túa actividade como voluntaria nas Bibliotecas Municipais?
Creo que é unha maneira moi directa de tomarlle o pulso á sociedade na que estou a vivir. Achégame unha visión certeira de como son as cousas, algo que aos estudantes universitarios fáltanos moitas veces.
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible