María, voluntaria
O préstamo a domicilio, que forma parte do programa do voluntariado, achega o servizo de préstamo aos fogares de persoas con mobilidade reducida temporal ou permanente ou persoas con enfermos ao seu cargo que non poden achegarse á biblioteca.
Imos coñecer a María Cebey Otero, dependenta, que colabora connosco.
En que colaboras?
Préstamo a domicilio : levo libros e outros materiais a domicilios de persoas dependentes e tamén levo libros aos Centros de Saúde para a sala de agarda
Por que te fixeches voluntaria?
Quedei no paro, tiña moito tempo libre e apetecíame facer algo para axudar a persoas con dificultades.
Participaches en accións similares?
Non, nunca tiven moito tempo libre, pero si que estaba na miña mente a axuda a persoas necesitadas
Que che achega a túa actividade como voluntaria nas Bibliotecas Municipais?
Satisfacción por poder axudar a que outras persoas gocen do pracer da lectura ou a descubran. Desde nena tiven paixón pola lectura.
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible