Mariana, voluntaria en "Coa lingua de fóra"
Coa lingua de fóra é unha actividade desenvolvida desde a Biblioteca Ágora co obxectivo de ofrecer recursos lingüísticos de reforzo na formación e aprendizaxe de idiomas a través da formación de grupos de conversa coordinados por unha persoa voluntaria bilingüe que organice as sesións con carácter semanal.
Imos coñecer a Mariana Varela, psicóloga educativa e formadora.
En que colaboras?
Lidero un grupo de persoas adultas de conversa en inglés.
Por que te fixeches voluntaria?
Creo que as persoas temos o dereito e o deber de mellorar a realidade na que vivimos. Realizo actividades de voluntariado en educación e formación, porque creo que a educación é unha ferramenta moi importante para mellorar a sociedade.
Participaches en accións similares?
Dende hai tempo colaboro con diñeiro e tempo con varias ONG's. En particular, desde hai tres anos colaboro como profesora de apoio nun programa de reforzo escolar. E dentro da miña actividade profesional, dou clases de inglés desde hai anos.
Que che proporciona a túa actividade como voluntaria nas Bibliotecas Municipais?
Traballar en proxectos municipais proporcióname a satisfacción de contribuír a crear a cidade que todos queremos: participativa, solidaria, aberta, e atenta ás necesidades dos demais. Ofrezo algo que sei facer ben, e a min enriquéceme a relación con outras persoas: membros do grupo e traballadores do Ágora. É un centro moi agradable e ben equipado, do que podemos sentirnos orgullosos como coruñeses.
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible