Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Viñetas desde o Atlántico 2024

Cartel de Viñetas desde o Atlántico 2024. Obra de Genie Espinosa

A Coruña convértese un ano máis na capital do cómic para desenvolver, do 12 ao 18 de agosto a 27º edición desta mostra internacional de referencia.

Viñetas desde o Atlántico, o festival internacional de cómic da Coruña que se desenvolve anualmente no mes de agosto desde 1998 chega este ano á súa XXVII edición.

A ilustradora catalá Genie Espinosa (@geniespinosa) asina o cartel desta edición.

Coma sempre, as Bibliotecas estaremos moi presentes, tanto no propio festival cunha caseta propia onde realizaremos préstamos das últimas novidades e das obras das autoras e autores convidados, así coma nas actividades que organizamos ao redor desta temática nas nosas bibliotecas.

Tes toda a información no blog de cómic Fancómic.

Viñetas en bibliotecas

Mergúllate no apaixonante mundo do cómic neste verán repleto da oitava arte, onde preparamos unha programación chea de actividades nas bibliotecas municipais.

En todas as bibliotecas e durante o mes de agosto hai unha mostra de cómics centrada nesa estación especial por moitos aspectos que é o verán. Os nenos máis pequenos que aínda non dominan a lectura poderán gozar de sesións onde lles contaremos cómics e aqueles profesionais e afeccionados terán talleres específicos sobre a linguaxe narrativa deste medio e a súa relación co deseño gráfico. Non esqueceremos a aquelas persoas con discapacidade que poderán achegarse ao medio cunha nova perspectiva grazas a talleres específicos.

Bibliotecas en Viñetas

Como levamos facendo nos últimos 15 anos, as bibliotecas municipais estarán na Rúa da BD de Viñetas desde o Atlántico. Na nosa caseta, ademais de poder informarte da feira, exposicións e autores invitados, poderás participar no noso concurso "Canto sabes de cómic?", levar en préstamo calquera cómic da nosa selección de catálogo e gozar dun espazo de lectura para consultar ou simplemente charlar deste mundo con bibliotecarios especializados.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión