Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Préstamo interbibliotecario

Unhas mans con globo terráqueo e libro

O préstamo interbibliotecario é un servizo, tanto para persoas de forma particular como en representación de entidades, mediante o que proporcionamos acceso a materiais de coleccións bibliotecarias que non se atopan dispoñibles en ningunha biblioteca da cidade.

Se ao formalizarse a solicitude atopamos que podes localizar o material bibliográfico no noso municipio, remitirémoste á entidade correspondente.

Que podo solicitar?

Calquera tipo de publicación que non ofreza ningunha biblioteca da cidade e que non sexa recente ou de fácil adquisición no mercado, nese caso recomendarémosche cubrir unha proposta de compra.

Como o solicito?

Podes solicitalo en calquera biblioteca da rede de bibliotecas municipais da Coruña, incluído o Punto de Préstamo de Mesoiro, ou ben cubrir e entregarnos o formulario de solicitude de préstamo interbibliotecario persoalmente na Biblioteca Municipal de Estudos Locais, do que che proporcionaremos unha copia que deberás presentar cando veñas consultar o material solicitado ou retirar a reprodución encargada.

No caso de que solicites material que estea dispoñible nalgunha biblioteca da cidade informarémoste diso para que poidas dirixíreste a ela.

Custo do servizo

Dende as nosas bibliotecas, proporcionamos este servizo de forma gratuíta.

En que prazo recibo o material que solicitei?

O prazo para a localización do material e a tramitación do pedido será como máximo de 15 días. Unha vez recibido poñerémonos en contacto contigo para informarte do prezo exacto das reproducións e do tempo de que dispós para consultalo.

Que condicións rexen para o préstamo interbibliotecario?

Unha vez aprobado o préstamo interbibliotecario, será a biblioteca posuidora do documento, de acordo ao seu regulamento propio, a que comunicará estas condicións, que poden ser aceptadas ou non pola persoa ou entidade solicitante, nese caso cancelaríase o proceso.

Estas condicións indicarán, por exemplo, se efectúa o préstamo do documento orixinal ou se remite unha reprodución del (fotocopia ou arquivo dixital).

No caso de recibir o documento orixinal e que a biblioteca correspondente non permita o préstamo a domicilio do dito documento, este permanecerá na Biblioteca Municipal de Estudos Locais e deberás consultalo na sala desta biblioteca.

Canto dura o préstamo?

O prazo máximo é de 1 mes, incluíndo o tempo requirido para o envío e a devolución dos documentos.

E se quero cancelar unha petición de préstamo interbibliotecario?

Debes comunicalo canto antes. Se a publicación fose xa solicitada en fotocopia ou microforma, deberás facerte cargo dos gastos ocasionados.

Lexislación aplicable

O uso de calquera publicación recibida no seu formato orixinal realizarase de acordo coa lexislación sobre propiedade intelectual vixente.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión