Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Como buscar no catálogo

Opcións de procura no catálogo

As procuras no noso catálogo en liña son moi sinxelas. Só debes elixir que tipo de procura necesitas facer e premer no recadro correspondente.

Podes elixir entre tres opcións:

  1. Procura xeral
  2. Outras procuras
  3. Recomendacións bibliográficas

Buscar no catálogo completo

Onde picar para seleccionar a busca no catálogo completo

O catálogo permite que acotes a busca por catálogo completo ou por unha biblioteca concreta.

Catálogo completo

Usa esta busca cando che interese buscar no catálogo completo das 8 bibliotecas e o punto de préstamo de Mesoiro. Ten en conta que desde calquera biblioteca municipal facemos peticións de libros ás outras compañeiras da rede, agás Mesoiro que, ao ser punto de préstamo, ten a súa propia idiosincrasia.

Se che aparece un resultado doutro fondo asociado ao catálogo alén da rede de bibliotecas municipais, debes dirixirte á entidade responsable para saber as posibles condicións de préstamo.

Volver a menú

Buscar nunha única biblioteca

Como se visualiza a listaxe das distintas localizacións de busca

O catálogo permite que acotes a busca por catálogo completo ou por unha biblioteca concreta.

Acotar a busca por biblioteca

Para realizar a busca nunha única biblioteca, só tes que seleccionar unha biblioteca da listaxe e recuperará só aqueles resultados que estean localizados na biblioteca elixida.

Usa esta busca cando che interesen só os materiais da biblioteca do teu barrio, a que está preto do teu centro de traballo, etc.

Volver a menú

Busca xeral

Captura de pantalla onde se visualiza a busca xeral

Esta busca é moi útil para buscas xenéricas. O buscador procurará os termos da túa busca en calquera parte dos rexistros.

Por exemplo, se introduces os termos Pedro Almodóvar, mostraráseche unha listaxe de resultados con todos os materiais que conteñan esas palabras no TÍTULO, na MATERIA, no AUTOR, etc. É dicir, recuperará todas as películas que dirixiu, as que produciu, todos os documentais e libros que tratan sobre a súa figura, as bandas sonoras das súas películas, etc.

Volver a menú

Outras buscas: Busca avanzada

Probando a busca avanzada

Para poder acceder a este apartado hai seleccionar primeiro a opción "Outras búsquedas" e despois "Búsqueda avanzada".

Con esta busca podes indicar en que campo ou campos queres que se procuren os teus termos de busca. Ten en conta que o buscador pode simultanear a busca en máis dun campo.

Por exemplo, se introduces os termos Pedro Almodóvar no campo MATERIA, e os anos 2010 e 2015 no campo PUBLICADO ENTRE desde/ata, o buscador limitarase a buscar todos os materiais das bibliotecas que traten sobre Pedro Almodóvar publicados entre o 2010 e o 2015, e deixará fóra dos resultados todos os demais.

Volver a menú

Outras buscas: Novidades

Ao picar en "Outras buscas">"Novidades" ábrese este fiestra

Para poder acceder a este apartado hai seleccionar primeiro a opción "Outras búsquedas" e despois "Novidades".

Este apartado permítenos descubrir as novas adquisicións das bibliotecas. Existen varias opcións para limitar a busca; así, podes ver as novidades de todas as bibliotecas ou dunha en concreto, as novidades da última semana, quince días ou mes. Ademais, tamén poderás elixir idioma do material, formato ou país.

Volver a menú

Recomendacións bibliográficas

Listaxe das distintas recomendacións ofrecidas

Nesta sección atoparás recomendacións de documentos por áreas temáticas e por grupos de idade.

Así, ofrecémosche diversas escolmas de materiais que pensamos que podes estar buscando ou que nos gustaría descubrirche.

Non esquezas que, dentro de cada grupo de recomendacións, atoparás unha subclasificación que che permitirá limitar aínda máis o que sexa do teu interese. Por exemplo, se picas nas recomendacións de novelas, poderás seleccionar se a prefires de aventuras, biográfica, de ciencia-ficción, etc.

Volver a menú

Resultados das buscas: presentación de títulos

Captura de pantalla onde se visualiza unha vista de resultados

Logo de facer a túa busca, o buscador presentarache por defecto os títulos dos materiais resultantes en vista en listado. Podes elixir visualizalo como vista en galería de imaxes de resultarche máis cómoda esa opción.

  • Vista en listado: verás os resultados nunha columna de títulos colocados en fila. Inclué unha imaxe de cada documento e unha breve descrición de cada un deles.
  • Vista en imaxes: verás unha galería de imaxes de cada resultado atopado sobre o seu título.

En calquera dos dous casos, debes picar sobre o rexistro que che interese para ter toda a información do mesmo.

Se queres retroceder desde aí á vista de resultados, podes premer sobre RESULTADOS. 

Tamén podes gardar a busca para volver a ela máis adiante ou de forma recorrente se introduces as túas claves da biblioteca.

A maiores, o catálogo ofrece unha serie de opcións de filtrado na columna da dereita para afinar máis a busca de ser preciso e, premendo en "Descubrir", aparecerán outras buscas relacionadas coa túa.

Volver a menú

Resultados das buscas: dispoñibilidade dos materiais

Recadro onde poder ver a dispoñibilidade ou non dun libro

Desde a pantalla de resultados, podes saber se un documento está dispoñible clicando enriba del. 

Cando o fagas, aparecerache a descrición completa do documento e, baixo do mesmo, as bibliotecas que teñen nos seus andeis cando menos un exemplar do título en cuestión.

Para poder saber se teñen dispoñible o documento no momento de facer a busca, deberás premer enriba de cada biblioteca concreta de entre as indicadas.

Terás máis datos sobre a biblioteca onde está picando na icona correspondente á localización, entre outros, o número de teléfono ao que podes chamar se desexas reservalo de inmediato.

Volver a menú

Buscas sen resultados

Exemplo de busca que non recupera resultados

Cando o buscador non atopa ningún rexistro que coincida cos termos da túa busca (porque non hai nada nas bibliotecas ou porque os escribes de forma incorrecta) traerache unha pantalla similar a esta, avisa coa mensaxe: "Esta consulta non recupera resultados".

Así a todo, o buscador ofrecerache alternativas para que poidas atopar documentos que sexan do teu interese.

Buscar termos parecidos

Se clicas sobre "Buscar términos parecidos en el índice" verás as opcións que o buscador che ofrece aos teus termos de busca. Pode ser que escribises incorrectamente os termos e atopes no índice a forma correcta ou ben que inclúa buscas próximas á túa que che permitan atopar títulos axeitados ao teu interese.

Refacer a busca

Permíteche refacer a busca manualmente no formulario cambiando ou eliminando algún termo.

Relanzar a busca

Permíteche relanzar a busca no catálogo completo (opción útil só se fixeches a busca previa nunha única biblioteca) ou ben busca de xeito externo en internet.

Engadir unha proposta ou comentario

Permíteche engadir unha proposta de compra (dado que da por feito que buscabas un documento que non temos nas bibliotecas), ou ben unha pregunta, suxestión ou comentario ao respecto.

Volver a menú

Rexistros sen exemplares

Picando en "Documento fuente" veremos a fonte orixinal onde atopar

En ocasións, o buscador localiza materiais que non teñen exemplares asociados porque que non están dispoñibles para o préstamo.

Isto pode deberse a que aínda estamos traballando con ese material para prestarcho nas condicións óptimas, que se encontra en mal estado e estamos intentando repoñelo ou é parte doutro recurso que o contén (por exemplo, é un artigo dunha revista).

Neste último caso, clica no enlace de "Documento fuente" e terás a información completa (seguindo co exemplo, se é o artigo dunha revista e picamos en "Documento fuente", levaranos á revista á que pertence).

 

Volver a menú

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión