Consulta a wiki Mulleres coraxe , o tributo das bibliotecas a todas as mulleres na literatura, no cine, na ciencia...
Nas Bibliotecas queremos rendir homenaxe, como cada ano, a todas esas mulleres que loitaron polos dereitos doutras mulleres.
Programamos actividades e destacamos distintos materiais como recoñecemento ás mulleres que loitaron contra os convencionalismos sociais que lles tocou vivir abrindo espazos que, ata ese momento, estaban prohibidos para as mulleres.
Na Biblioteca Monte Alto ofrecémosche #WomenDoBD, unha selección de materiais que afondan na figura da muller no cómic ao fío da polémica do Salón do Cómic de Angoulême: de 30 candidatos ao premio, ningunha era muller. Na Biblioteca Sagrada Familia centrámonos nas mulleres ilustradoras, cunha selección de materiais baixo o título "Mulleres que pintan moito".
Mulleres e poesía é o tema elixido na Biblioteca Fórum Metropolitano. Se o que che interesa é o cine, achégate entón á Biblioteca Castrillón.
Temos tamén estas actividades programadas en especial para estas datas.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible