Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Bibliotecas Municipales

Área de Fomento y Promoción de la ciudad

Festival Mar de Mares 2023

Ven celebrar connosco

Exposicións e proxecións, gastronomía, encontros inspiradores, mercado Mar de Mares, activismo, ecoturismo...

Ducias de actividades para gozar do mar de mil maneiras; a bordo dun barco ou en terra; observando a súa paisaxe ou participando na súa limpeza; degustando exquisitos bocados ou bailando ao son de cantos mariñeiros, debatendo sobre o futuro dos océanos ou descubrindo o pasado da nosa cidade...

Este festival é un evento único por e para o océano do que as bibliotecas tamén participamos e ao que queremos parabenizar por esas dez edicións onde todo océano cabe en Mar de Mares.

Se queres vivir o mar dunha forma diferente, dá unha volta polas bibliotecas: nelas atoparás un incontable número de relatos sobre os océanos que fan vibrar coma o fai navegar a bordo dunha goleta. Podes tamén acceder ao catálogo en liña e visualizar na pantalla algún destes materiais buscando polas palabras claves "mares e oceános".

Enrólate nas Bibliotecas Municipais da Coruña e o seu programa Biblioteca Verde, un espazo para informar, reflexionar e compartir.

Mostras "Mar de Mares"

Desde o 11 ao 25 de setembro en cada unha das Bibliotecas Municipais atoparás un punto de interese con libros e material audiovisual sobre os océanos e os mares.

Ademais, na plataforma de streaming Coruña eFilm compartimos contigo unha escolma de películas relacionadas co mundo mariño.

Actividade "Ruta Salgada Mar de Mares"

Poderás participar no sorteo dun pack de 2 entradas para a actividade "Ruta Salgada Mar de Mares", paseo gastronómico en veleiro pola baía, se segues os seguintes pasos:

  • Seguir en Instagram as Bibliotecas Municipais da Coruña (@bibcoruna) e o Festival Mar de Mares (@festivalmardemares).
  • Subir a Instagram (dende o teu perfil en forma pública) unha fotografía dun libro que recomendes coa temática do mar indicando no texto o porqué da túa achega.
  • Mencionar e etiquetar na publicación a @bibcoruna e @festivalmardemares e usar os cancelos #OMeuMardeLibros, #FestivalMardeMares e #Xcelebra.

Consulta as bases completas máis abaixo.

O mar é o futuro

Achégate á X edición do Festival Mar de Mares para coidar, bailar, aprender e gozar do mar na Coruña, a cidade-barco.

Que o océano é o maior ecosistema do noso planeta é un feito que xa ninguén cuestiona. O 70 % da superficie da Terra xera a metade do oxíxeno que respiramos. Porén, aínda que fose por interese en seguir respirando, todo o mundo debera estar comprometido en coidar os mares.

Infórmate polo miúdo sobre o programa do festival en www.festivalmardemares.org e mantente informado/a a través das redes sociais.

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe la palabra o palabras que deseas buscar

Si lo prefieres, puedes realizar tu búsqueda combinando distintos criterios. Sólo tienes que acceder a la búsqueda avanzada

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión