Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Encontros con autores e presentacións de libros

Tipo de actividade:

Encontros e presentacións

Obxecto:

Acompaña aos autores e autoras que veñen ás bibliotecas para presentar as súas obras.

Un dos alicerces fundamentais das bibliotecas públicas é o seu labor como punto de encontro cultural e instrumento de promoción da lectura e da convivencia cidadá.

Por iso, poñemos á disposición de autores e autoras, os nosos espazos, para que presenten os seus libros e así coñecer de primeira man as súas novidades literarias, establecendo un contacto directo co mundo editorial e achegando aos lectores e lectoras o proceso de creación literaria.

Requisitos para a presentación de obras:

A biblioteca ofrece as súas instalacións para realizar presentacións de libros en colaboración con editoriais, librerías, autores, asociacións etc que cumpran estes requisitos:

  • Obra de calidade literaria
  • Publicada no ano anterior ou en curso
  • Darase prioridade a que o tema, o autor ou a editorial sexa local (municipio da Coruña e área metropolitana) e a súa achega de interese xeral
  • As persoas organizadoras do acto comprométense a ceder 1 exemplar da obra como fondo da biblioteca.

A editorial debe ocuparse da edición de invitacións. A biblioteca cede as instalacións e fai a difusión do acto na forma habitual.

Para solicitar as instalacións hai que encher o Formulario de solicitudes .

En que consisten os encontros e as presentacións?

Coñecer o teu escritor favorito, charlar con esa autora que acaba de presentar nova obra... Nos encontros e presentacións de libros poderás descubrir novos materiais nas nosas bibliotecas e preguntar todo aquilo que che interese directamente aos seus responsables.

Sigue buscando actividades similares...

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión