Visitas guiadas
Require inscrición
Anual
En que consisten as visitas guiadas?
Ofrecemos a posibilidade a grupos e colectivos diversos de vir visitarnos a nós e aos centros en que traballamos.
Da man dos bibliotecarios e bibliotecarias poderedes coñecer os recursos dispoñibles, aprender a localizar a información que necesitedes e descubrir novos e variados servizos que as bibliotecas lles prestamos aos usuarios e usuarias.
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible