Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña
Iniciar sesión

Bibliotecas Municipales

coruna.gal

Territorios inexplorados na biblioteca

Territorios inexplorados

Mostra e préstamo de cómics

Mostra e selección de cómic nas bibliotecas municipais durante o mes de agosto.

Descubre novos territorios inexplorados do cómic

Atrévete a explorar o territorio descoñecido do cómic gozando das obras que nos descobren terras habitadas por seres fantásticos, novos mundos onde se confunde a realidade coa fantasía ou viaxes de descuberta que amplían os mapas.

As bibliotecas realizamos unha selección do mellor cómic de descubrimento, exploración, aventuras e viaxes na mostra Territorios Inexplorados que poderás gozar durante todo o mes de agosto de 2019, coincidindo coa edición de Viñetas desde o Atlántico. A mostra pretende difundir as mellores obras dunha temática inherente ao propio tebeo á vez que anima a potenciais lectores e lectoras a que se aventuren ao mundo do cómic como un medio aínda por descubrir por moitas persoas.

Portada da guía infantil de cómics 2019

Grandes lectores

Nas nosas bibliotecas tamén poderás atopar unha guía de lectura para as nenas e os nenos con recomendacións prácticas e de calidade clasificadas por idades.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible