Detalle da partitura do Himno galego
Himno galego
Entre o 1 de febreiro e o 30 de marzo de 2017, a Biblioteca Municipal de Estudos Locais organiza unha mostra titulada "Eduardo Pondal (1835-1917)", coa que pretende lembrar o centenario do falecemento deste poeta, autor da letra do himno galego.
Entre a selección de materiais pódense ver distintos documentos nos que é posible recoñecer a vida e a obra deste autor nado en Ponteceso e falecido, fai agora cen anos, na Coruña.
En 1888, Pascual Veiga pediulle a Eduardo Pondal a letra para unha melodía coa que ía participar nun certame coruñés do que sairía a Mellor Marcha Rexional Galega. O poema "Os pinos", xurdido das sucesivas reelaboracións de "Rumores de los pinos" foi o elixido. O 20 de decembro de 1907 presentouse en sociedade no Teatro do Centro Galego de La Habana. Desde entón foi considerado "Himno de Galicia" ata 1984, data na que o foi oficialmente, ao ser recoñecido, como tal, polo Estatuto de Autonomía de Galicia.
Na mostra pode verse unha das partituras que a biblioteca posúe do himno.
Detalle do manuscrito orixinal de Pondal
Pondal e Curros Enríquez
Pondal dedicoulle un poema a Curros no sexto cabodano do seu pasamento. Os versos de homenaxe foron enviados polo propio Pondal a Manuel Casás, presidente entón do Circo de Artesáns, lugar onde sería lida a composición o 5 de marzo de 1914.
"Seis anos da súa morte van pasados;
Os anos pasarán de toda edá.
Mas do poeta as estrofas, imposible!
Esas, non pasarán"
O manuscrito orixinal tamén está exposto nesta mostra bibliográfica.
Ven ver de preto estes materiais
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible