Coruña eFilm é un servizo de streaming gratuíto que ofrecen as Bibliotecas Municipais da Coruña para que poidas visionar películas e series coa Tarxeta Millennium ou o carné de biblioteca.
Comprobarás que o uso da plataforma é doado e intuitivo se xa coñeces este tipo de páxinas de streaming, pero, con todo, podes consultar calquera dúbida poñéndote en contacto connosco.
Quero rexistrarme en Coruña eFilm
Podes rexistrarte en Coruña eFilm desde a túa propia casa accedendo a coruna.efilm.online, empregando o mesmo correo electrónico que conste nos teus datos de socio/a, para o que tes que cumprir unha serie de requisitos previos, que son:
Que vou atopar en Coruña eFilm?
Na plataforma Coruña eFilm poderás acceder a tres tipos de contido:
Clasificación do contido
Todo o contido de Coruña eFilm está organizado segundo xéneros e listas pensados para que accedas a aquilo que se adapte mellor aos teus intereses ou atopes as últimas novidades así como atractivas escolmas que permiten que te achegues a títulos que doutro xeito poderían pasarche desapercibidos.
Busca de contido
Se aínda así non atopas o que buscas, Coruña eFilm ten un buscador integrado no que podes buscar unha película ou serie concreta por título, director/a, actores, etcétera, ou ben un buscador avanzado no que filtrar por diversas opcións. Seguro que aquí está a túa!
Podo ver Coruña eFilm no meu dispositivo?
Calquera dispositivo con acceso a Internet e compatible co visionado servirá para poder ver o contido de Coruña eFilm: teléfonos móbiles, tabletas e ordenadores de mesa. Para velo no televisor, deberás conectalo con outro aparello mediante cable HDMI ou dispositivo chromecast ou similar, xa que non conta con APP asociada.
Cantas películas podo ver?
Podes ver cen películas ou capítulos de series ao mes, e cada día 1 reiniciarase a túa conta mensual. Terás entre 48 e 72 horas para poder velas antes de que desaparezan da túa conta de Coruña eFilm. Se non remataches unha película, podes volver visionala unha vez que se cumprise o prazo.
Debes saber tamén que en Coruña eFilm non hai reservas: todo o contido está dispoñible ao instante para que poidas gozalo cando ti decidas, 24 horas ao día/7 días á semana.
Se o que che gusta é ler revistas, podes descargar todas as que queiras sen límite.
Podo ver as películas noutros idiomas?
Podes ver as películas en calquera dos idiomas que aparezan na ficha de cada título. Moitas delas están en español, mais tamén poderás ver películas en portugués, inglés, francés, ruso, catalán... ou galego!
Podo ver unha ficha técnica de cada película ou serie?
Se antes de visionar unha película ou un capítulo dunha serie desexas ter máis datos sobre ela (a duración, os idiomas e subtítulos para elixir, se podes tela no teu perfil persoal 48 ou 72 horas, etcétera), terás que picar enriba de cada título particular, e aí Coruña eFilm abrirá unha ficha con todos os seus datos.
Nesa mesma páxina, ademais, permitirache acceder ao visionado da película ou serie ou gardala en favoritas para poder vela máis adiante, ou lembrala se é que xa a viches. Aínda que, neste último caso, Coruña eFilm conta ademais cun historial que podes consultar no teu perfil persoal.
Non podo acceder á plataforma ou a algún dos seus contidos
Isto pode deberse a varias causas:
Se se trata dun erro, fala coa túa biblioteca; noutro caso, deberás solucionar esa circunstancia para poder acceder de novo á plataforma.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible