Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Bibliotecas Municipales

Área de Fomento y Promoción de la ciudad

Plataforma de préstamo de libros electrónicos: GaliciaLe

As bibliotecas públicas de Galicia facilitamos a todas as persoas con carné de calquera biblioteca o acceso a dúas plataformas de préstamo de libros electrónicos: unha en galego (GaliciaLe) e outra en castelán (eBiblio). 

Se aínda non tes o teu carné da biblioteca, non tardes máis en solicitalo. É gratuíto.

Lembra que por ser socio das Bibliotecas Municipais da Coruña tamén podes acceder á plataforma de préstamo de libros electrónicos eBibliodaCoruña.

COMO DARSE DE ALTA?

O proceso de alta é válido para as dúas plataformas. O único que necesitas é o número do teu carné de calquera biblioteca de Galicia. Se xa dispós del non tes máis que acceder á web de GaliciaLe e, usando o dito número e seleccionando a biblioteca que cho expediu, verificar e/ou completar os teus datos persoais e de contacto. Se estás utilizando un carné dunha biblioteca desta Rede e por calquera razón os teus datos non aparecen, ponte en contacto con nós e darémolos de alta enseguida.

Unha vez que completes a información, especialmente a referida ao teu contrasinal de acceso, o sistema enviarache un correo electrónico para que verifiques o teu perfil. Feito isto, xa terás operativas as túas credenciais de acceso ás plataformas de préstamo dixital.

COMO CONFIGURAR O DISPOSITIVO?

As plataformas GaliciaLe e eBiblio proporciónanche dúas posibilidades de lectura:

  • lectura en liña, que non require ningunha configuración do dispositivo porque non se realiza a descarga do libro ou libros que vaias ler. O único necesario é unha conexión wifi ou mediante datos móbiles.
  • lectura mediante descarga, que, ademais de conexión a internet para realizar a descarga, precisa que configures unha conta en Adobe ID (cubrindo este formulario) e que instales no teu dispositivo a aplicación Adobe Digital Editions, que che permitirá realizar a lectura dos libros que elixas. Podes comprobar a compatibilidade da aplicación co teu dispositivo e, no caso de non ser, recurre a algún dos programas que se mencionan no titorial para o uso da plataforma do libro electrónico en galego.

COMO FUNCIONA O PRÉSTAMO DIXITAL?

Poderás tomar en préstamo ata un máximo de dous libros en cada catálogo (dous no catálogo do libro en galego e outros dous no catálogo do libro en castelán) que estarán á túa disposición durante un prazo de 21 días. Se a obra ou obras que buscas están prestadas, poderás solicitalas en reserva (ata un máximo de dous).

Como accedo aos catálogos de libro electrónico?

Para saber máis

También te puede interesar

Préstamo de lectores de libros electrónicos

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe la palabra o palabras que deseas buscar

Si lo prefieres, puedes realizar tu búsqueda combinando distintos criterios. Sólo tienes que acceder a la búsqueda avanzada

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión