"Cine" é un centrreo de interese propio da Biblioteca Fórum Metropolitano. Este centro de interese xorde debido á existencia de dúas salas de cine con programación estable no edificio do Forum. Este feito levounos a prestar unha especial atención á colección correspondente a esta materia.
O centro de interese de cine pretende converterse nun espazo de referencia para cinéfilos ademáis de divulgar a carteleira cinematrográfica das películas que se están a proxectar nas Salas Marilyn e Fernando Rey do edificio.
Alberga unha gran variedade de publicacións sobre distintos aspectos do mundo do cine e a industria cinematográfica. Ademais podese completar coa sección de películas,"Donativo Pawley", que inclúe películas de autor e de difícil localización a través das canles de comercialización habituais.
A quen se dirixe?
Que materiais podo atopar
Este centro está formado por todos aqueles documentos que conteñen información relacionada co mundo do cine, desde a teoría cinematográfica ata os guións:
Podes atopar todos os libros deste centro de interese no catálogo en liña. Non esquezas que se o material que queres está noutra biblioteca podes solicitar que cho enviemos á túa para que o leves en préstamo.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible