Comunidade Xorda é un centro de interese propio da Biblioteca Fórum Metropolitano, que contén unha gran variedade de materiais de utilidade para o colectivo de persoas xordas e sensibilizar á cidadanía en xeral.
O centro de interese de Comunidade Xorda créase no ano 2003. Implántase así un novidoso servizo nas bibliotecas co apoio da Federación de Asociacións de Xordos do País Galego (FAXPG).
O obxectivo é dar a coñecer o fondo bibliográfico sobre este tema, conseguir o fomento de hábitos de lectura entre a poboación con discapacidade auditiva e sensibilizar aos usuarios en xeral, para lograr que as persoas xordas sintan a biblioteca como un espazo propio de participación.
A Biblioteca Fórum, na actualidade, ten como obxectivo encamiñar os servizos e instalacións da biblioteca cara unha biblioteca plenamente inclusiva. Para conseguir este obxectivo estanse a traballar distintas actuacións, entre as que se atopa a actualización e dinamización do centro de interese "Comunidade Xorda".
Este espazo reúne obras que responden a intereses dun público diverso e expón unha forma de acceso ao documento sinxela e rápida para o usuario. O fondo bibliográfico que apoia o servizo ten un lugar destacado na biblioteca coa intención de dar a coñecer e sensibilizar aos nosos usuarios oíntes, e para que os usuarios xordos valoren a Biblioteca como un espazo de participación e de encontro implicado no fomento de hábitos de lectura entre a poboación con discapacidade auditiva.
A quen se dirixe
Xorde para dar resposta ás necesidades e demandas de información, formación e lecer do colectivo de persoas xordas. Este centro de interese tamén pode ser de utilidade tanto ao entorno das persoas con discapacidade auditiva como a profesionais que traballan ou queren traballar con este colectivo, ademais de a todos aqueles que desexen acercarse á comunidade xorda ou coñecela un pouco mellor.
Obxectivos
Que materiais podo atopar
Este centro está formado por documentos que recollen todo tipo de información relacionada coa comunidade xorda. Como punto de partida a FAXPG facilitou unha selección bibliográfica daqueles documentos imprescindibles para o centro de interese, selección que se completou consultando distintos catálogos de publicacións de entidades que traballan con este colectivo. Aquí atoparás dicionarios, lexislación, manuais, estudos e investigacións sobre diversos aspectos relacionados coa discapacidade auditiva, ademais de narrativa que trata o tema da xordeira ou ten como protagonistas a persoas xordas. Todos os documentos do centro de interese levan pictogramas identificativos.
Clasifícase nos seguintes apartados:
Se che interesa esta temática podes atopar todos os libros deste centro de interese no catálogo. Non esquezas que se non podes achegarte á Biblioteca Fórum a polo libro que queiras, podes solicitar que cho enviemos á túa Biblioteca mais próxima para que o leves en préstamo.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible