Andrea Prada, voluntaria en "Lecturas de ti a ti"
Lecturas de ti a ti é unha actividade desenvolvida dende a Biblioteca Ágora que consiste na lectura en voz alta dunha persoa voluntaria, dun texto de maneira individual, de ti a ti. Ao finalizar as lecturas, a persoa voluntaria fomentará a participación e o intercambio de impresións, tentando promover as relacións persoais e o diálogo; procurando ofrecer un tempo de atención personalizada.
Imos coñecer a Andrea Prada Castro, xestora cultural
En que programa colaboras?
Colaboro no programa "Lecturas de ti a ti"
Por que te fixeches voluntaria/o?
Fíxenme voluntaria porque sinto a necesidade de axudar ás diferentes comunidades coas que estou en contacto. Ademais, paréceme unha ferramenta moi útil para a integración social e para acadar e desenvolver valores éticos no conxunto da sociedade.
Participaches o participas en accións similares?
Antes de ser voluntaria en bibliotecas fixen varios voluntariados ambientais (eliminación de especies invasoras, limpeza de praias, limpeza de montes, reacondicionar bens patrimoniais, ...) e colaborei no departamento de inmigración da Cruz Vermella.
Que che achega a túa actividade como voluntaria nas Bibliotecas Municipais?
Poder desfrutar dunha das miñas paixóns, a lectura, e pór en valor aos nosos maiores, o seu coñecemento, as súas experiencias, memorias... é un privilexio! Síntome enormemente agradecida.
También te puede interesar
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible