Coñeces o Club de lectura QUEERuña?
O 28 de xuño de 1969 tiveron lugar os DISTURBIOS DE STONEWALL, unha redada policial contra as persoas bisexuais, lesbianas, transexuais, travestis e homosexuais que se encontraban no pub coñecido como Stonewall Inn (daquela, o bar gai máis famoso de Nova York) que remataron cunha persoa morta e centos de feridas.
Por que non fan algo?, dixo unha das mulleres arrestadas ás persoas presentes. Foi nese momento cando o ambiente se volveu explosivo, declarou un dos presentes.
Estes disturbios son citados como a primeira ocasión na que a comunidade LGTB loitou contra un sistema que perseguía (e segue perseguindo) as persoas deste colectivo e son xeralmente recoñecidos como o catalizador do movemento moderno prodereitos LGTB en todo o mundo.
Longo é o camiño percorrido, e máis longo é o que queda por percorrer. As bibliotecas, pola nosa parte, perseguimos ano tras ano o obxectivo de visibilizar o colectivo LGTBQI e reivindicar os dereitos que lle son propios contribuíndo á erradicación de toda manifestación excluínte. Queremos ser espazos seguros e libres de LGTBIfobia onde se integren todas as diversidades e se protexan os discursos e manifestacións non heteronormativas.
Do 25 ao 28 de xuño, adicaremos as nosas ferramentas dixitais a falar de diversidades:
Selección de materiais que podes aopar nas bibliotecas para levar en préstamo:
También te puede interesar
También te puede interesar
Programas relacionados
Programas relacionados
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible