O cineclub é un espazo de encontro para persoas que se reúnen na biblioteca para debater e analizar pezas cinematográficas ou documentais dispoñibles na plataforma gratuíta de streaming que as bibliotecas poñen a disposición das súas socias e socios.
As bibliotecas facilitan gratuitamente o acceso aos contidos en streaming desde a plataforma Coruña efilm e os encontros, que requerirán inscrición previa, serán conducidos polo xestor cultural e programador Mon Rivas.
O ciclo actual, que xira en torno ás realidades de mulleres lesbianas, bisexuais e transexuais, consta de tres sesións que se desenvolverán os terceiros martes de mes: martes 24 de outubro, martes 21 de novembro e martes 19 de decembro.
También te puede interesar
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible