Novo ciclo temático do programa de outono "Corazón do barrio" da Biblioteca Castrillón baixo o título "saúde e benestar", dende outubro ata decembro.
Vida saudable
Este outono 2023, a biblioteca Castrillón vai continuar na liña de ofertar charlas e obradoiros vinculados ao tema da saúde, benestar e acompañamento. Este ano enfocados a temas como o acompañamento emocional na adolescencia, menopausia, sexualidade.
Baixo o epígrafe "Saúde e benestar" ofertamos diferentes obradoiros que favorezcan unha mellora na xestión da nosa saúde e ofertaremos diferentes materiais nas salas que podan servirnos de recurso para un maior coñecemento.
Corazón do barrio
Dende ano 2013 a Biblioteca Castrillón oferta un outono temático no que intenta poñer de manifesto a importancia da biblioteca como lugar de encontro, intercambio de inquedanzas e participación.
Este programa está destinado a toda a veciñanza e ten como liña de traballo principal manternos como " Corazón do barrio " que non deixa de latexar e que intenta detectar intereses aos que poder dar resposta.
Programación de actividades
1. Difusión e selección do material bibliográfico da temática Saúde e benestar:
2. Actividades na biblioteca:
También te puede interesar
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible