Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Bibliotecas Municipais

coruna.gal

Día do Libro 2025: tempo de ler, tempo de coñecer

Día do Libro 2025

O estilo de vida actual, coa presenza aditiva das tecnoloxías e a ultraorganización de horarios, consome o noso tempo de lecer. Polo Día do Libro, as bibliotecas animámoste a recuperalo para ti: tempo para ler, tempo para coñecer. Únete á revolución da lectura!

A maiores da programación cotiá en cada biblioteca, onde procuraremos poñer un recordario especial do 23 de abril, poderás descubrir mostras bibliográficas na maioría de bibliotecas e toda outra serie de accións para festexar este día e reivindicar o libro e a lectura.

Todo é pouco para o noso obxecto favorito do planeta: o libro!

Este 23A pasamos á acción!

Visita a biblioteca!

Se visitas a biblioteca o 23A, poderás desfrutar, ademais do préstamo ilimitado, dunha serie de mostras literarias diversas, dispostas como mínimo ao longo desa semana, que farán as delicias de todas as persoas que amamos o libro. Cal elixirías ti? Ou por que quedar só con unha?

BIBLIOTECA MOSTRA DESCRICIÓN
DURÁN LORIGA A lectura farate libre No 80ª aniversario da liberación de Auschwitz, recordatorio de sucesos que a humanidade non debe repetir.
SAGRADA FAMILIA Cen anos de palabras 100 anos do nacemento de catro persoas que fixeron dos libros o seu xeito de vivir.
CASTRILLÓN #BookFaceFriday Xunto coa exposición das mellores montaxes #Bookfacefriday, atopa ideas para crear a túa propia!
FÓRUM Atemporal: a biblioteca está de moda Sobre a moda e o seu simbolismo relacionado coa literatura, o cine, os escritores e as convencións sociais.
OS ROSALES Libros adicados Descubre os tesouros da biblioteca: libros asinados e dedicados polas autoras e autores que nos visitaron.
MONTE ALTO Libros sobre libros Os clásicos nunca fallan! Desfruta da metaliteratura e dos nosos libros sobre libros favoritos.

E ademais

E ademais, por se o anterior non abonda, teremos a nosa programación habitual, na que lembraremos unha e outra vez o que nos gustan os libros e o seu día...

Que faremos nas bibliotecas a semana do 23A?

QUE ONDE E CANDO
Faladoiros nos nosos clubs de lectura e lectura en voz alta (toda a semana). Podes participar no coloquio que terá lugar en Estudos Locais o 23 de abril sobre "As voces baixas". Varias bibliotecas / toda a semana
Merendas con contos (do 21 ao 26). Novas visitas dos ratiños de Lonxedetodo para crianzas entre 3 e 7 anos! Varias bibliotecas / toda a semana
Formación dixital: trámites administrativos en liña (do 21 ao 25). Infórmate na web ou en persoa sobre os nosos cursos. Bib. Monte Alto e Fórum / toda a semana
Presentación de libros: Las cartas del forastero, El poderoso Sir Tristán en la Saga del Prince Valiant (1937-1971) de Harold Foster  Bib. Fórum e Estudos Locais / días 21 e 23
Practicando idiomas: español para estranxeiros (martes e xoves) e conversas en galego (mércores). Sabías que ofreciamos estas opcións? Bib. Ágora e Sagrada Familia / días 22, 23 e 24
SomosPro: obradoiro de cianotipia (día 23). Para rapaces e rapazas entre 9 e 14 anos. Bib. Fórum / día 23
Encontros para familias: Educación sexual integral, inclusiva e respectuosa. Para nais e pais con interese no tema. Bib. Rosales / día 24
Bebencontros. Coñeces este programa para crianzas ata 24 meses e nais e pais? Bib. Fórum e Rosales / días 24 e 25
Xogo libre cos nosos xogos de mesa, incluídos algúns de temática literaria. Ven o venres 25 á tarde (Fórum e Durán Loriga) e o sábado 26 á mañá (Rosales). Varias bibliotecas / días 25 e 26

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible