E ti, les, escoitas, miras... sentes en galego?
Baixo o lema "Sinte en galego: Letras Galegas 2023", as bibliotecas municipais queremos convidar á veciñanza a sentir en galego, organizando diversas actividades, a partir do venres 12 de maio e ata o venres 19, onde o galego será o epicentro da festa.
As bibliotecas visibilizamos o compromiso coa lingua e literatura de noso ao longo do ano, pero estes días en especial ofertamos contacontos, obradoiros, monicreques e outras actividades para diversas idades, onde contaremos con artistas tan fantásticos como Caxoto, Pablo Pablísimo ou Raquel Queizás, coa intención de poder ler, escoitar, mirar..., sentir en galego!
O ramo poñerao o concerto de ÁgoraSon que, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística, trae a Abraham Cupeiro ao centro Ágora co seu espectáculo "Os sons esquecidos" o venres 19 de maio.
A estas accións lúdicas e formativas, engadiremos mostras para amosar á cidadanía os recursos bibliográficos e audiovisuais galegos que ten ao seu dispor nos nosos andeis e nas nosas canles dixitais, onde estará activo ademais o concurso "Chío de Letras" na rede social Twitter.
Desde as bibliotecas queremos tamén facer constar a nosa satisfacción porque este ano se homenaxee a Francisco Fernández del Riego, quen estivo intimamente ligado co sector do libro non só desde o eido editorial senón tamén desde o bibliotecario, como director da biblioteca da Fundación Penzol e presidente e socio de ANABAD-Galicia, entre outras achegas.
CONCURSO "CHÍO DE LETRAS" 2023
Gustaríanos animar ás nosas seguidoras e seguidores a empregar o galego tamén en redes sociais, por iso, decidimos pór en marcha un concurso de chíos escritos en galego que estará activo ata o propio 17 de maio durante todo o día. Un chío é unha anotación ou mensaxe na rede social Twitter e ten un máximo de 280 caracteres.
Pica nas bases para máis información.
También te puede interesar
También te puede interesar
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible