Co proxecto ACHEGA perseguimos a plena inclusión, a participación das persoas con diversidade funcional na vida diaria da biblioteca, e promover a acción cultural accesible.
Para acadar estes obxectivos, seguimos dúas liñas de actuación que inciden sobre a colección e sobre as actividades.
Liña de actuación 1: as actividades
Planificación e deseño de actividades dirixidas a persoas con diversidade funcional coa finalidade da súa integración na biblioteca.
ACHEGA, as sesións
En colaboración coa Asociación Participa para a Inclusión Social, van dirixidas a grupos de persoas pertencentes a entidades de Diversidade Funcional da zona de influencia da Biblioteca Forum, interesadas en actividades inclusivas e de achega ao libro e á lectura.
A execución das actividades ten lugar na sala de adultos da Biblioteca Fórum en horario de mañá, convivindo co resto de usuarios e do transcorrer da vida diaria da Biblioteca Este é un punto fundamental no proceso integrador das persoas en risco de exclusión social, facéndoos partícipes como usuarios de pleno dereito a estar, sen restricións e sen espazos reservados.
O número de participantes non supera nunca os 10/ 12 por sesión. Desta maneira, todos os integrantes poden participar activamente. Os materiais utilizados nos sesións están adaptados e deseñados en función do perfil de cada colectivo,. destacando o manexo de recursos audiovisuais.
Club de Lectura Fácil "Fiando Historias"
"Fiando historias" nace da conciencia que toma a Biblioteca Fórum para exercer accións de calado social que redunden en mellorar a vida daqueles cidadáns que están á marxe da programación habitual da biblioteca. Xorde así a idea de crear un Club de Lectura Fácil para pacientes de Sáude Mental co obxectivo de facelos partícipes dunha actividade que axude a mellorar o seu nivel de compromiso de participación activa na sociedade. Trástase dunha vía que permite enriquecer a calidade de vida destas persoas, e en tanto que este factor repercute na vida de todos, achega un valor engadido á sociedade en xeral.
Son sesións semanais cun grupo formado por usuarios de diferentes niveis, onde as persoas de competencias máis altas poden actuar como "titores facilitadores" e será moi enriquecedor para eles e os que reciban a súa axuda. A particularidade son as actividades complementarias que axudan á comprensión dos textos e á socialización e interacción dos membros entre eles. Son unha vía que permite enriquecer a calidade de vida destas persoas.
A importancia da saúde mental destácase na definición de saúde que figura na propia Constitución da OMS: "A saúde é un estado de completo benestar físico, mental e social, e non soamente a ausencia de afeccións ou enfermidades".
Visitas á Biblioteca
A demanda dos colectivos ou entidades para dar a coñecer a biblioteca como lugar de integración social. Abertas durante todo o ano son impartidas co apoio e colaboración de profesionais do ámbito educativo e sociosanitario da Asociación Participa, conformando así un equipo multidisciplinar para atender todas as necesidades do grupo de participantes.
As entidades que participan de dentro de este proxecto teñen a oportunidade de visitar á biblioteca no turno de mañá e ser partícipes da súa vida e mesturarse con resto dos usuarios e usuarias.
A través de proxeccións, charlas e conversas preséntaselles toda a programación accesible que está ao seu dispor. Proporciónaselles tamén, recomendacións bibliográficas con niveis de lectura de todo tipo.
Liña de actuación 2: a colección
A Biblioteca Forum decide manter e crear centros de interese que están directamente relacionados co Proxexto ACHEGA, para apoio e fomento de hábitos de lectura entre a pobación con diversidade funcional e as súas familias.
Centro de Interese "Biblioterapia, Lecturas Saudables".
A Biblioteca Forum Metropolitano súmase á Biblioterapia, un proxecto promovido pola Axencia de Coñecemento en Saúde e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, coa colaboración da Rede Galega de Bibliotecas, colexios profesionais e sociedades científicas, asociacións de pacientes e expertos en saúde e literatura e a colaboración e financiación de Lundbeck.
A Biblioteca Forum decide integrar o Centro de Interese Biblioterapia (ver Colección: Saúde ) dentro do Proxecto ACHEGA, a Biblioteca como Espazo Inclusivo para Persoas con Diversidade Funcional. É un espazo adicado a consulta de material bibliográfico para que persoas con diversidade funcional, persoas que experimentesn situación de malestar emocional ou mesmo familiares de ambos colectivos poidan coñecer máis acerca do tema.
A Biblioterapia consiste no uso da lectura cun obxectivo terapéutico (libros de autoaxuda) ou de desenvolvemento (novelas). Recórrese a ela principalmente para apoiar o tratamento de trastornos mentais e problemas emocionais e para promover a saúde mental
Ter acceso aos libros recomendados pode axudar a pacientes e familiares a entender mellor e afrontar os problemas de saúde, así como a mellorar o seu benestar.
Neste CI podes atopar: Libros de autoaxuda para axudar a lidiar con numerosos problemas: depresión ansiedade, autoestima, desenvolvemento persoal.., libros de ficción e material audiovisual nos que unha enfermidade, trastorno ou problema psicolóxico teña protagonismo na historia, tanto para persoas adultas como para nenos e nenas.
O fondo deste centro de interese está seleccionado seguindo a guía oficial de Biblioterapia.
Centro de Interese "Lectura Fácil".
A lectura fácil é unha ferramenta de comprensión e fomento da lectura que garantiza a accesibilidade á información e á cultura a todas as persoas, con independencia das súas capacidades.
Os documentos que integran este centro de interese diríxense a calquera persoa que teña dificultades para comprender un texto escrito, e isto abarca desde persoas con discapacidade intelectual, inmigrantes, persoas con escolarización deficiente, persoas maiores...
Os libros de lectura fácil caracterízanse por:
Centro de Interese "Comunidade Xorda"
Espazo dentro da biblioteca onde podes atopar recursos e material bibliográfico relacionado coa diversidade auditiva tanto para usuarios con diversidade autivida como para todo o público en xeral.
O obxectivo é dar a coñecer o fondo bibliográfico sobre este tema, conseguir o fomento de hábitos de lectura entre a poboación con discapacidade auditiva e sensibilizar aos usuarios en xeral, para lograr que as persoas xordas sintan a biblioteca como un espazo propio de participación.
Este centro está formado por documentos que recollen todo tipo de información relacionada coa comunidade xorda. Como punto de partida a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia facilitou unha selección bibliográfica daqueles documentos imprescindibles para o centro de interese, selección que se completou consultando distintos catálogos de publicacións de entidades que traballan con este colectivo.
Aquí atópanse dicionarios, lexislación, manuais, estudos e investigacións sobre diversos aspectos relacionados coa discapacidade auditiva, ademais de narrativa que trata o tema da xordeira ou ten como protagonistas a persoas xordas. Todos os documentos do centro de interese levan pictogramas identificativos.
También te puede interesar
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible