Consulta a política de protección de datos que asinas ao facer o carné de socio/a.
Responsable do tratamento dos seus datos persoais
De acordo coa lexislación en materia de protección de datos de carácter persoal, en concreto, co Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, os datos persoais que nos facilites voluntariamente neste formulario serán tratados baixo a responsabilidade do CONCELLO DA CORUÑA (praza de María Pita n.º 1, 15001 - A Coruña)
Finalidade de tratamento dos datos
Xestión dos servizos de préstamo de libros e outro tipo de obras, así como a emisión de tarxetas de usuario e, no seu caso, a xestión da inscrición, organización e desenvolvemento das actividades da biblioteca.
Máis información no Rexistro de Actividades de Tratamento (RAT) do Concello.
Lexitimación para o tratamento dos datos
Artigo 6.1.a) RXPD, o interesado deu o seu consentimento para o tratamento dos seus datos persoais para un ou máis fins específicos;
Artigo 6.1. e) RGPD, o tratamento é necesario para o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento)
A publicación de imaxes ou vídeos nos que vostede aparece ten a súa base de lexitimación no consentimento manifestado mediante o presente documento. En caso de ser un menor de 14 anos, o consentimento outorgarase polo seu pai, nai, titor ou representante legal.
A cesión dos seus datos A Xunta de Galicia coa finalidade de darlle acceso á plataforma de préstamo electrónico GaliciaLe, ten a súa base de lexitimación no consentimento manifestado mediante o presente documento. En caso de ser un menor de 14 anos, o consentimento outorgarase polo seu pai, nai, titor ou representante legal.
Consentimento do tratamento dos datos persoais
Outorga o consentimento ao tratamento dos teus datos expresamente ao aceptar a cláusula de protección de datos.
O Concello da Coruña dispón de páxinas web propias e doutros recursos de difusión da súa programación como folletos, carpetas e demais, coa finalidade de ofrecer información das actividades que se desenvolven nos programas que leva a cabo. As imaxes do desenvolvemento destas actividades poderán empregarse para ilustrar información exclusivamente relativa a elas, como poden ser: artigos nas páxinas web, carpetas, folletos ou presentacións audiovisuais explicando os ditos programas.
Podes retirar este consentimento en calquera momento.
Comunicacións de datos
Comunicaranse os datos, en caso de aceptación da cláusula, á Xunta de Galicia, coa finalidade de darlle acceso á plataforma de préstamo electrónico GaliciaLe.
Os datos poderán ser cedidos ás entidades públicas ou privadas, ás cales sexa necesario ou obrigatorio ceder estes para poder xestionar a súa solicitude, así como nos supostos previstos, segundo Lei.
Exercicio dos dereitos RGPD
En calquera momento tes dereito a lle solicitar ao responsable do tratamento o acceso, rectificación ou supresión dos teus datos persoais e a limitación do seu tratamento. Tamén tes dereito a opoñéreste ao dito tratamento e a solicitares, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos teus datos.
Para exercer estes dereitos debes enviar unha solicitude asinada e achegares unha fotocopia do DNI ao seguinte enderezo:
De forma telemática na sede electrónica do CONCELLO DA CORUÑA na seguinte ligazón: Trámites RGPD.
Ou de forma presencial presentando a súa solicitude asinada e por escrito en calquera dos rexistros habilitados:
A solicitude deberá conter, como mínimo:
Tamén pode remitir a súa consulta ao delegado de protección de datos (DPD) do Concello delegadodeprotecciondedatos@coruna.gal
Por canto tempo conservamos os seus datos persoais
Os datos gardaranse durante o tempo necesario para cumprir a finalidade para a que foron recollidos e determinar as posibles responsabilidades que poidan derivarse da dita finalidade e do tratamento dos datos.
Será de aplicación o disposto na normativa de arquivos e documentación. En calquera caso, os datos pódense conservar, no seu caso, con fins de arquivo de interese público, investigación científica e histórica ou fins estatísticos.
Medidas de seguridade
As medidas de seguridade aplicadas corresponden ás previstas no anexo II (Medidas de seguridade) do Real decreto 3/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema nacional de seguridade no ámbito da Administración electrónica.
Lexislación aplicable
Regulamento Xeral de Protección de Datos (RGPD). Norma de aplicación directa en toda a Unión Europea, relativa á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos. Ligazón ao BOE.
Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD). Norma que ten por obxecto a adaptación do ordenamento xurídico español ao RGPD, completar as súas disposicións e garantir os dereitos dixitais da cidadanía. Ligazón ao BOE.
Real Decreto 3/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Seguridade no ámbito da Administración electrónica (ENS). Ligazón ao BOE.
Dereito a presentar unha reclamación ante a Autoridade de Control
Así mesmo, tes dereito a presentares unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD).
Información adicional
Poden consultar a información adicional e detallada da información e da normativa aplicable en materia de protección de datos na web da Axencia Española de Protección de Datos http://www.aepd.es, así como a información sobre a Política de Protección de Datos do Concello da Coruña: https://www.coruna.gal/web/gl/rgpd
Consentimento
Consinto a comunicación dos meus datos á Xunta de Galicia, coa finalidade de obter acceso á plataforma de préstamo electrónico GaliciaLe.
También te puede interesar
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible