A Eira é un proxecto de laboratorio bibliotecario (biblioLAB), isto é, unha proposta para o desenvolvemento colaborativo de proxectos enfocados á
O obxectivo é facilitar espazos na biblioteca para a creación e o acceso ao coñecemento desde unha perspectiva proactiva, e favorecer dinámicas que promovan a creatividade e a hibridación de discursos, disciplinas, e conceptos, a partir dunha metodoloxía participativa non só nas acción senon tamén no deseño da proposta.
Para a elaboración do proxecto contamos ca experiencia da Fundación Germán Sánchez Ruipérez, traballando conxuntamente ca metodoloxía de Experiencia de usuario (Ux) para así obter una proposta de valor con respecto á oferta xeral da biblioteca, complementando a súa oferta cun dispositivo experimental integrado na mesma, sumándose aos seus servizos e actividades xerais coma un valor engadido. Esta oferta inicialmente orientouse a catro grupos de cidadanía, cos que traballamos precisamente sobre esa experiencia de usuario.
Ademais da fundación Germán Sánchez Ruipérez, o proxecto conta coa colaboración da Facultade de Ciencias da Saúde e máis a facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña, que nos permiten recoñecer a biblioteca como un espazo promotor de saúde e tamén dun espazo de encontro cun espectro sociolóxico heterodoxo, diverso e plural e, por tanto, propicio para a innovación.
A Eira preséntase en maio de 2019 nunhas xornadas en Tabakalera -Donosti- sobre perspectiva colaborativa en bibliotecas: retos y oportunidades e, en novembro de 2019, é un dos seis prototipos escollidos polo Consejo de Cooperación Bibliotecaria para promover no taller de prototipado: laboratorios bibliotecarios, que se imparte en Medialab Prado, do 19 ao 22 de novembro de 2019.
También te puede interesar
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible