Temos a práctica totalidade de servizos activados. Os únicos espazos que permanecerán pechados, por seguridade, serán as bebetecas.
O acceso ás bibliotecas é libre e adaptado ás posibles limitacións que marquen as autoridades sanitarias. Consulta os horarios de cada biblioteca.
Só a Biblioteca de Estudos Locais mantén a cita previa. No resto de bibliotecas podes acceder libremente e non é preciso que o solicites previamente, mais podes facelo se o prefires.
O uso de máscara é obrigatorio para todas as persoas maiores de 6 anos e en todas as instalacións haberá xel hidroalcólico para aplicarte nas mans antes da túa entrada. Recoméndase tamén o lavado frecuente de mans con auga e xabón.
Retomamos a realización de actividades, virtuais ou presenciais segundo a situación sanitaria do momento. No buscador de actividades aparecen todas as abertas á participación do público.
Volven funcionar con normalidade e, coma sempre, require reserva previa.
Habilitamos novamente o servizo de prensa, que será retirada diariamente para a súa reciclaxe.
Podes levar ata 10 títulos en préstamo por un período de 30 días. Para ampliar información sobre as características e condicións deste servizo, consulta o apartado "Préstamo".
Do mesmo xeito que outras bibliotecas, como por exemplo as da Xunta de Galicia, eliminamos a corentena dos materiais.
O acceso é libre ata ocupar a capacidade máxima, con excepción da Biblioteca de Estudos Locais na que a solicitude é obrigatoria.
Para asegurar o teu sitio, podes facer a reserva chamando por teléfono ou a través do formulario web (importante: o formulario é unha solicitude e deberás esperar a que che confirmemos a dispoñibilidade). Ten en conta que o acceso para a consulta en sala será asignado exclusivamente nos horarios de apertura de cada biblioteca.
Para usar este servizo, que será individual, cada persoa usuaria deberá contar cos seus propios auriculares.
Recomendacións
Queremos que os espazos bibliotecarios sigan sendo espazos amigables e seguros. É conveniente que todas as persoas apliquemos a responsabilidade individual co obxectivo de manter a seguridade colectiva. Só hai que seguir unhas sinxelas recomendacións:
É conveniente que todas as persoas instalemos a app oficial de rastrexo da Covid-19. Así, entre todas, contribuiremos a parar o virus.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible