Esta selección de recursos e ligazóns sobre COVID-19 ten por obxecto presentar fontes de información fiables sobre a pandemia, ademais de axudarnos a detectar información veraz e contrastada para detectar as numerosas mentiras que circulan pola rede en foros, grupos de whatsapp etc.
Esta lista de recursos sobre o coronavirus SARS-COVID19 pode ampliarse grazas á colaboración dun grupo de profesionais de bibliotecas de Ciencias da Saúde. Podes atopalos en Twitter co cancelo #AyudaBiblioteca
COVID-19
OMS - Organización Mundial da Saúde. Páxina oficial da OMS que actualiza información diariamente con orientacións e recomendacións sobre COVID-19.
Universidade Johns Hopkins (JHU) Portal específico desta universidade estadounidense con información exhaustiva sobre o coronavirus a escala mundial.
Ministerio de Sanidade. Web oficial do ministerio do Goberno de España
Servizo Galego de Saúde. Web oficial da Xunta de Galicia
SINC - Servizo de Información e Noticias Científicas. Axencia de noticias científicas da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, fundación pública dependente do Ministerio de Ciencia e Innovación
Canal oficial de Telegram do Ministerio de Sanidade, onde se comparten as últimas actualizacións de datos, consellos e noticias.
Plena Inclusión España - Planeta Fácil. Recompilación de recursos e documentos adaptados en lectura fácil sobre o Covid-19.
STOP TROLAS
A NOSA COLECCIÓN
Nas bibliotecas podes atopar materiais relacionados coa pandemia de Covid-19, desde vivencias persoais ata ensaios sobre viroloxía, para persoas de todas as idades. Seguro que atopas o que buscas!
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible