Ven celebrar connosco
Exposicións e proxecións, gastronomía, encontros inspiradores, mercado Mar de Mares, activismo, ecoturismo...
Ducias de actividades para gozar do mar de mil maneiras; a bordo dun barco ou en terra; observando a súa paisaxe ou participando na súa limpeza; degustando exquisitos bocados ou bailando ao son de cantos mariñeiros, debatendo sobre o futuro dos océanos ou descubrindo o pasado da nosa cidade...
Este festival é un evento único por e para o océano do que as bibliotecas tamén participamos e ao que queremos parabenizar por esas dez edicións onde todo océano cabe en Mar de Mares.
Se queres vivir o mar dunha forma diferente, dá unha volta polas bibliotecas: nelas atoparás un incontable número de relatos sobre os océanos que fan vibrar coma o fai navegar a bordo dunha goleta. Podes tamén acceder ao catálogo en liña e visualizar na pantalla algún destes materiais buscando polas palabras claves "mares e oceános".
Enrólate nas Bibliotecas Municipais da Coruña e o seu programa Biblioteca Verde, un espazo para informar, reflexionar e compartir.
Mostras "Mar de Mares"
Desde o 11 ao 25 de setembro en cada unha das Bibliotecas Municipais atoparás un punto de interese con libros e material audiovisual sobre os océanos e os mares.
Ademais, na plataforma de streaming Coruña eFilm compartimos contigo unha escolma de películas relacionadas co mundo mariño.
Actividade "Ruta Salgada Mar de Mares"
Poderás participar no sorteo dun pack de 2 entradas para a actividade "Ruta Salgada Mar de Mares", paseo gastronómico en veleiro pola baía, se segues os seguintes pasos:
Consulta as bases completas máis abaixo.
O mar é o futuro
Achégate á X edición do Festival Mar de Mares para coidar, bailar, aprender e gozar do mar na Coruña, a cidade-barco.
Que o océano é o maior ecosistema do noso planeta é un feito que xa ninguén cuestiona. O 70 % da superficie da Terra xera a metade do oxíxeno que respiramos. Porén, aínda que fose por interese en seguir respirando, todo o mundo debera estar comprometido en coidar os mares.
Infórmate polo miúdo sobre o programa do festival en www.festivalmardemares.org e mantente informado/a a través das redes sociais.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible