Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Obradoiro: Pon a voz! Taller práctico de creación de podcast e audiencia

Por tipo de actividade:

Talleres

Por tipo de público:

Persoas adultas, Xuvenil

A quen vai dirixido?:

Dirixido a mocidade e público adulto.

Cando:

22/03/2023

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 15/03/2023 ata o 22/03/2023

Require inscrición

Horario:

De 18.30 a 20.00 horas

Duración:

1,5 h.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

Actividade enmarcada dentro do Ciclo Temático COMUNICA-DOS: a importancia da alfabetización mediática e informacional (AMI)

O mércores 22 de marzo ás 18:30 h. temos na Biblioteca Fórum un obradoiro práctico de creación de podcast e audiencia, baixo o título Pon a voz!

Nos últimos anos, e acelerado pola situación pandémica, incrementouse substancialmente a produción e consumo de podcasts. Como formato sinxelo, directo e íntimo, o podcast pode servir para abordar multitude de temas e atraer a públicos moi diversos.

Durante o obradoiro (90 minutos) os participantes poderán coñecer a terminoloxía técnica clave do sector, o material necesario para unha produción de calidade, sen necesidade de moito orzamento, así como trucos e consellos para crear unha audiencia desde os inicios.

Os participantes poderán visionar as principais ferramentas para a creación dun podcast e dunha webradio, aprender a usalas e gravar un podcast. Poderán pensar e elaborar unha imaxe corporativa e definir un calendario de gravacións para pasar da idea a un proxecto de podcast de verdade.

Tamén che pode interesar

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión