Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Bibliotecas Municipales

Área de Fomento y Promoción de la ciudad

Comunidade xorda

comunidade xorda

Comunidade Xorda é un centro de interese propio da Biblioteca Fórum Metropolitano, que contén unha gran variedade de materiais de utilidade para o colectivo de persoas xordas e sensibilizar á cidadanía en xeral.

O centro de interese de Comunidade Xorda créase no ano 2003. Implántase así un novidoso servizo nas bibliotecas co apoio da Federación de Asociacións de Xordos do País Galego (FAXPG).

O obxectivo é dar a coñecer o fondo bibliográfico sobre este tema, conseguir o fomento de hábitos de lectura entre a poboación con discapacidade auditiva e sensibilizar aos usuarios en xeral, para lograr que as persoas xordas sintan a biblioteca como un espazo propio de participación.

A Biblioteca Fórum, na actualidade, ten como obxectivo encamiñar os servizos e instalacións da biblioteca cara unha biblioteca plenamente inclusiva. Para conseguir este obxectivo estanse a traballar distintas actuacións, entre as que se atopa a actualización e dinamización do centro de interese "Comunidade Xorda".

Este espazo reúne obras que responden a intereses dun público diverso e expón unha forma de acceso ao documento sinxela e rápida para o usuario. O fondo bibliográfico que apoia o servizo ten un lugar destacado na biblioteca coa intención de dar a coñecer e sensibilizar aos nosos usuarios oíntes, e para que os usuarios xordos valoren a Biblioteca como un espazo de participación e de encontro implicado no fomento de hábitos de lectura entre a poboación con discapacidade  auditiva.

A quen se dirixe

Xorde para dar resposta ás necesidades e demandas de información, formación e lecer do colectivo de persoas xordas. Este centro de interese tamén pode ser de utilidade tanto ao entorno das persoas con discapacidade auditiva como a profesionais que traballan ou queren traballar con este colectivo, ademais de a todos aqueles que desexen acercarse á comunidade xorda ou coñecela un pouco mellor.

Obxectivos

  • Contribuír a crear unha biblioteca plenamente inclusiva, fomentando a accesibilidade á biblioteca mediante a eliminación de barreiras de comunicación.
  • Lograr que as persoas xordas identifiquen a biblioteca como un espazo seguro dentro da súa vida, aumentando a súa independencia e reforzando a autoestima.
  • Fomentar a lectura na comunidade xorda e habilitar un espazo de materiais do seu interese particular.
  • Dar visibilidade as persoas xordas e sensibilizar á cidadanía.
  • Crear un espazo para coñecer persoas e relacionarse.

Que materiais podo atopar

Este centro está formado por documentos que recollen todo tipo de información relacionada coa comunidade xorda. Como punto de partida a FAXPG facilitou unha selección bibliográfica daqueles documentos imprescindibles para o centro de interese, selección que se completou consultando distintos catálogos de publicacións de entidades que traballan con este colectivo. Aquí atoparás dicionarios, lexislación, manuais, estudos e investigacións sobre diversos aspectos relacionados coa discapacidade auditiva, ademais de narrativa que trata o tema da xordeira ou ten como protagonistas a persoas xordas. Todos os documentos do centro de interese levan pictogramas identificativos.

Clasifícase nos seguintes apartados:

  • Xordos-Situación social: documentos para comprender mellor a situación na que se atopan as persoas xordas dentro da nosa sociedade.
  • Lingua de signos: dicionarios, manuais e guías para aprender a comunicarse en lingua de signos.
  • Medicina: obras cun enfoque médico sobre a deficiencia auditiva e trastornos da linguaxe.
  • Logopedia: guías para profesionais da logopedia enfocadas en como tratar a un neno, nena ou persoa adulta xorda.
  • Educación: neste apartado atópanse as obras que tratan os aspectos mais formativos da comunicación e educación de persoas xordas.
  • Narrativa: libros de ficción que teñen como protagonistas a persoas xordas ou tratan o tema da xordeira.

Se che interesa esta temática podes atopar todos os libros deste centro de interese no catálogo. Non esquezas que se non podes achegarte á Biblioteca Fórum a polo libro que queiras, podes solicitar que cho enviemos á túa Biblioteca mais próxima para que o leves en préstamo.

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe la palabra o palabras que deseas buscar

Si lo prefieres, puedes realizar tu búsqueda combinando distintos criterios. Sólo tienes que acceder a la búsqueda avanzada

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión