Nas bibliotecas hai unha serie de centros de interese que tratan a saúde, tanto mental como física, e reúnen diferentes documentos (libros, revistas, material audiovisual...) que axudan a levar unha vida máis sa entre outros moitos obxectivos.
Estes centros de interese son:
Biblioterapia
Biblioterapia é un proxecto promovido pola Axencia de Coñecemento en Saúde e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, coa colaboración da Rede Galega de Bibliotecas, colexios profesionais e sociedades científicas, asociacións de pacientes e expertos en saúde e literatura e a colaboración e financiación de Lundbeck. As Bibliotecas Municipais da Coruña sumámonos a este proxecto mediante a creación deste centro de interese que podes atopar nas Bibliotecas Fórum Metropolitano e Castrillón.
A biblioterapia consiste no uso da lectura cun obxectivo terapéutico (libros de autoaxuda) ou de desenvolvemento (novelas). Recórrese a ela principalmente para apoiar o tratamento de trastornos mentais e problemas emocionais e para promover a saúde mental. Ter acceso aos libros recomendados pode axudar a pacientes e familiares a entender mellor e afrontar os problemas de saúde, así como a mellorar o seu benestar.
A quen se dirixe
Que materiais podo atopar
As lecturas que aparecen nesta guía están clasificadas en relación ao tipo de trastorno ou problema para o que poden servir de apoio e tamén en función da idade dos destinatarios e destinatarias. Preséntanse en dous grandes bloques:
Todo o fondo deste centro de interese está seleccionado seguindo a guía oficial de Biblioterapia.
Corpomente
O centro de interese Corpomente comprende obras de diversas temáticas asociadas á espiritualidade, autoaxuda, vida saudable, exercicio físico, medicinas alternativas... Créase para dar resposta a demanda dos usuarios e das usuarias dunha unificación de todas estas materias nun mesmo punto, xa que ata o momento da súa creación estas temáticas se atopaban co fondo xeral da biblioteca, cada un nun punto distinto da mesma. Podes atopalo nas bibliotecas de Castrillón e Monte Alto.
Que materiais podo atopar
Vida saudable
En estreita relación con Corpomente e Biblioterapia podes atopar Vida saudable, un centro de interese de contido similar que se atopa na Biblioteca Ágora.
Reúne un conxunto de materiais específicos de saúde e información médica de calidade seguindo en grande medida as recomendacións dos profesionais e técnicos de AFACO (Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer), principais coñecedores de todos e cada un dos materiais que están no mercado e que poidan ter un valor engadido para enriquecer o fondo da biblioteca.
Obxectivos
Facilitar o acceso á información médica de calidade aos usuarios interesados en instruírse en saúde (dieta saudable, actividade física recomendada, hixiene básica, ocio saudable...) para así potenciar a responsabilidade nas eleccións sobre a propia saúde, de xeito que se facilite a opción de estilos de vida saudables.
Que materiais podo atopar
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible