Que ben distinta sería a historia se estivera escrita polas mulleres...
Partindo desta premisa puxemos en marcha o centro de interese sobre Xénero e Feminismos, un espazo vivo froito do traballo coordinado da Rede de Bibliotecas, a Concellaría de Culturas, Deportes e Coñecemento e a Concellaría de Igualdade e Diversidade, e accesible na Biblioteca Ágora e, na Biblioteca Castrillón, a bibliografía pola igualdade e contra a violencia de xénero, realizada en colaboración con PICUS (Plataforma pola Igualdade e contra a Violencia de Xénero do Castrillón Urbanización Soto), unha organización constituída no 2016 coa participación da asociación de veciños/as, os tres centros educativos -escola infantil, CEIP e instituto de secundaria-, as tres asociación de nais e pais do alumnado, o centro cívico e a propia biblioteca do barrio.
O centro de interese Xénero e feminismos
Este novo recurso nace como resposta á crecente demanda cidadá de incorporar aos fondos das bibliotecas un maior número de publicacións relacionadas cos feminismos, as violencias machistas e as diversidades afectivo sexuais dende múltiples enfoques: económico, político, histórico, sociolóxico; así como aumentando os títulos dirixidos a un público infantil e xuvenil que favorezan a ruptura de estereotipos e o recoñecemento das achegas das mulleres á sociedade.
Este espazo, que medrará e evolucionará cos anos á medida que se recollan máis achegas das persoas usuarias das bibliotecas, organiza os materiais seleccionados dunha forma alternativa, atractiva e accesible, poñendo os feminismos no centro.
Porque como levamos anos demostrando, a aposta das bibliotecas é a da lectura como ferramenta de aprendizaxe para a transformación social dende o coñecemento, neste caso dos textos fundamentais do feminismo, da reflexión sobre as novas formas de familia, sobre a importancia dos coidados, e sobre daquelas mulleres que cambiaron o mundo...
Que apartados recolle o centro de interese?
Vídeo sobre o centro de interese
O #8M de 2021 lanzamos este vídeo resumo onde falamos deste centro de interese e para poñer o foco en que nas bibliotecas todos os días son oito de marzo.
A bibliografía pola igualdade e contra a violencia de xénero
Esta bibliografía é a resposta da biblioteca á constitución espontánea de PICUS (Plataforma pola Igualdade e contra a Violencia de Xénero do Castrillón Urbanización Soto), da que forma e parte desde a súa constitución no ano 2016 como resposta popular a un ataque machista perpetrado no barrio.
O seu obxectivo é doble: educar en igualdade e identificar, visibilizar e dar resposta ao problema da violencia machista na sociedade.
Podes consultar os materiais tanto nesta publicación que achegamos coma directamente na listaxe que elaboramos en Cascarilleiro, o catálogo das bibliotecas.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible