O orgullo atravesa o noso labor diario.
A iniciativa As municipais entenden deixou xa hai tempo de ser unha iniciativa, un impulso a unha nova e necesaria forma de facer, e pasou ser unha metodoloxía, unha dinámica e cultura organizativa que hoxe é xa habitual e impregna cada cousa que facemos.
Vemos as diversidades sexuais e de xénero cada día. Nos mostradores, nas salas e mesas das bibliotecas, nas rúas... e, por suposto, dámoslles o seu espazo no momento de deseñar e de prestar servizos e actividades.
En que consiste a iniciativa?
Intentamos explicalo neste vídeo e no informe de máis abaixo, tomando como punto de partida os 5 eixes de traballo que fomos abordando ao largo dos últimos 10 anos:
Os resultados e a revisión da iniciativa
É tempo de ensinalo e é tempo de analizalo.
As bibliotecas públicas debémonos a todas as persoas. Non pode quedar ninguén atrás. É correcto o traballo desenvolto? Son suficientes os resultados? É momento de actualizar os obxectivos?
Non hai mellor forma de celebrar e reinvindicar as diversidades que pedíndovos a vosa opinión sobre todo o traballo desenvolto en torno ás realidades LGTB.
También te puede interesar
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible