Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Enrique Pereira

Enrique Pereira, voluntario do "Club de Lectura"

Os clubs de lectura son unha proposta para fomentar a lectura e a análise crítica de diferentes tipos de textos, especialmente literarios. As persoas participantes reúnense periodicamente para comentar e valorar os libros acompañados dunha persoa coordinadora.

Imos coñecer un pouco mellor a Enrique Pereira Gago, un dos coordinadores voluntarios.

En que colaboras?

Nos clubs de lectura do Fórum e Castrillón. A miña dedicación céntrase principalmente na coordinación integrantes-biblioteca. Estou pendente de que os libros estean a tempo e escribo o post que se publica no blog das bibliotecas. No Castrillón ademais fago de moderador do debate. No Forúm este labor é rotativo.

Tamén me pediron que asista a algunhas reunións sobre actividades relacionadas cos clubs, charlas en prensa e radio e en xeral naquilo que me solicitan e que se podo facer, fago de moi boa gana. É algo que me honra pola confianza que na miña delegan e que fai que lles estea moi agradecido.

Por que te fixeches voluntario?

Ao xubilarme sobrábame o tempo. Sabía que podía dedicalo a algo que ademais de gustarme servise a outros para desenvolver aquilo que tamén lles gusta. Defininme pola área de cultura e en especial pola literatura.

Participaches en accións similares?

Antes de facerme voluntario, non. Estaba moi ocupado co meu traballo. Non quedaba tempo. Logo, ao principio da miña actividade como voluntario e antes de ingresar nos clubs, colaborei na informatización da biblioteca do colexio municipal Monte das Moas.

Que che achega a túa actividade como voluntario nas Bibliotecas Municipais?

A pertenza aos clubs é unha experiencia moi instrutiva. En primeiro lugar sérveche para coñecer mellor a aqueles que les. Enriquécesche coas opinións dos demais, descubres puntos de vista novos sobre os temas dos que trata a lectura. O teu sentido da tolerancia increméntase, o que os demais non estean de acordo cos puntos de vistas que o ti expós non quere dicir que estean equivocados. Aprendes a ver as cousas doutra forma, con horizontes máis amplos e iso é útil para o teu día a día, para mellorar as túas relacións sociais e romper os límites que sen que nos deamos conta imos poñendo á nosa maneira de ser e actuar.

Mención á parte merece a relación de amizade que se establece entre todos os compoñentes destes grupos. É como unha choiva fina. Sen darnos conta vemos que nos sentimos a gusto, que apreciamos o que nos din e que desexamos ser tamén apreciado. É moi gratificante.


Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión