As bibliotecas públicas temos como misión garantir o acceso á información e á cultura a todos a cidadanía, sexa cal for a súa condición, e baseamos a nosa actividade nas necesidades da poboación do noso territorio. Como bibliotecas abertas a todo o mundo, temos que dar servizo tamén a aquelas persoas que non poden ou non fan uso dos servizos pola razón que sexa.
Na Biblioteca Fórum asumimos este reto de apoiar a integración social e a participación cidadá, promover a acción cultural, posibilitar a aprendizaxe permanente, e contribuír globalmente á inclusión social. Por iso nace "ACHEGA: a biblioteca como espazo inclusivo para persoas con diversidade funcional" para conseguir que as persoas con diversidade funcional se sintan usuarias de pleno dereito.
"O principio de inclusión" é un dereito e unha necesidade de vivir en comunidade, estar presente nos mesmos lugares e utilizar os mesmos servizos, así como participar activamente na vida comunitaria.
Unha sociedade inclusiva ten a obriga de facilitar o acceso ao coñecemento e aos servizos culturais dos colectivos en risco de exclusión social e é aquí onde as bibliotecas deben tomar partido. Por iso a través de actividades de promoción da lectura pretendemos facer da Biblioteca Forum un espazo inclusivo, onde a participación activa nas actividades culturais é un factor fundamental no proceso de axuste social das persoas afectadas. A saúde social supón un paso máis na normalización e convivencia.
Con Achega tamén contribuimos á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (recollidos na Axenda 2030). As bibliotecas teñen a misión de contribuír a reducir a desigualdade proporcionando espazos cívicos seguros e abertos a todas as persoas. Sendo así un medio de apoio para os grupos marxinados que teñen dificultades para acceder á información, ao coñecemento e á asistencia en todos os lugares.
Segundo o Manifesto da Biblioteca Pública IFLA/UNESCO de 1994, "a biblioteca pública, porta local cara ao coñecemento, constitúe un requisito básico para a aprendizaxe ao longo dos anos, para a toma independente de decisións e o progreso cultural do individuo e os grupos sociais".
Recursos accesibles
Libros, Libros, Libros é unha recompilación de diversos recursos gratuítos adaptados a distintas capacidades e clasificados por categorías: libros, contacontos, actividades relacionadas, xogos... todo co obxectivo de empregar a cultura como unha ferramenta para practicar un ocio saudable dende as nosas casas ou centros
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible