Préstamo de libros
Precisas saber como sería o proceso para levar en préstamo libros e revistas a nome da entidade que representas? É doado!
Non tes máis que presentar o carné da entidade que representas e elixir ata 30 documentos!
É de balde, e poderás escoller entre máis de 200.000 exemplares dispoñibles para o préstamo nas bibliotecas municipais.
Desde novelas contemporáneas ata ensaios especializados, pasando polas revistas máis actuais, temos opcións para todos os gustos e necesidades.
Preguntas frecuentes sobre o préstamo de libros e revistas a entidades
Que materiais están dispoñibles?
Cales son as condicións do préstamo de libros e revistas a entidades?
Iso si: os documentos correspondentes ao punto de Mesoiro non poden solicitarse desde outra biblioteca.
Que hai que saber sobre a devolución do préstamo?
Que ocorre se incumprimos os prazos ou perdemos algo do prestado?
Outra información
Precisamos saber que libros e revistas hai nas bibliotecas: o catálogo
Se precisades saber se nas bibliotecas hai libros e revistas de interese para a vosa entidade, só tedes que consultar o catálogo. Poderedes saber en que biblioteca está o que buscades, se está prestado e cando o devolven.
Se tedes dúbidas, contade coa nosa axuda presencialmente ou a través de teléfono ou correo electrónico. Non esquezades que os libros se envían dunhas bibliotecas a outras para que os recollades na biblioteca máis próxima a vós e, de non atopar o que precisades, podedes pedirnos asesoramento.
Queremos saber máis sobre o préstamo de lotes temáticos á carta
Desde as bibliotecas, podemos facer unha selección de materiais (libros, audiovisuais, etc.) atendendo ás vosas necesidades e preparamos con eles un lote para que o poidades levar en préstamo a nome da vosa entidade.
Consultade esta posibilidade na seguinte ligazón:
Gustaríanos propoñer unha compra de interese para a entidade
Se non atopades na biblioteca algún libro ou revista de interese para a vosa entidade, podedes suxerirnos que o merquemos. Podedes facelo a través da web completando un formulario de solicitud de compra que tamén está dispoñible en papel en todas as bibliotecas.
Debedes ter en conta que para facer esta suxestión de compra tedes que presentar o carné da entidade como afiliada á Rede de bibliotecas.
Comprometémonos a dar unha resposta á solicitude no prazo máximo dun mes, e poderedes realizar un máximo de dúas peticións de compra por trimestre.
También te puede interesar
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible