Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Visita de 6º de educación infantil: os bulbos de Jacinto Regadera

Tipo de actividade:

Visitas guiadas

A quen vai dirixido?:

Infantil / centros escolares

Require inscrición

De outubro a maio

En que consiste esta visita?

Os nenos e as nenas reciben na aula unha carta de Invernaderos Nomeolvides. Coa carta uns bulbos de tulipán para que os planten na escola. Coa complicidade da/o mestra/e formularanse unha serie de cuestións: alguén da clase sabe como se plantan os bulbos?, alguén sabe que coidados teñen que ter estas plantas?, alguén sabe cal é a mellor época para que xerminen?... Ante todas estas dúbidas, propoñerase unha visita á biblioteca para intentar resolvelas consultando os libros dispoñibles e así poder plantar os bulbos.

Obxectivos da visita

  • Dar a coñecer a clasificación dos libros para saber e coñecer (libros de información para as/os máis pequenas/os)
  • Que os nenos e as nenas sexan quen de recoñecer o grupo de clasificación ao que pertencen determinados libros
  • Lembrar e repasar as diferenzas existentes entre un libro informativo e outro de ficción.

Lugar de realización

Biblioteca Ágora

Biblioteca Castrillón

Biblioteca Fórum Metropolitano

Biblioteca Infantil e Xuvenil

Biblioteca Monte Alto

Biblioteca Os Rosales

Biblioteca Sagrada Familia

Inscricións e información

A oferta anual destas visitas realízase a través do programa Coruña Educa que xestiona o Servizo Municipal de Educación. Cada mes de setembro publícase a convocatoria e ábrese o prazo para que os centros poidan realizar as solicitudes para o curso escolar vixente.

Sigue buscando actividades similares...

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión