Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Bibliotecas Municipales

Área de Fomento y Promoción de la ciudad

A era da cancelación

Nace un novo ciclo temático na Biblioteca Os Rosales. A era da cancelación: identidades, corrección política e guerras culturais no século XXI

En 2019, a escritora J. K. Rowling viuse envolta nunha desagradable polémica. A autora de Harry Potter foi atacada con virulencia nas redes sociales a propósito dun chío no que apoiaba a unha investigadora despedida do seu traballo por opinar acerca da diferencia entre sexo e xénero e as consecuencias que a autodeterminación de xénero pode ter para os dereitos da muller.

Os activistas transxénero acusáronna de ser unha TERF, ou o que é o mesmo, una «feminista radical excluinte».

Lonxe de ser algo anecdótico, unha controversia similar deuse no noso país coa aprobación da coñecida como 'lei trans', que provocou unha escisión no seo do movemento feminista entre aquelas que a apoiaban e aquelas que pensaban que desprotexía ás mulleres e os dereitos acadados.

Mais estes casos constitúen tan so a punta do iceberg dun fenómeno que ven producíndose dende hai un tempo nas sociedades occidentais e que deu en chamarse a 'cultura da cancelacion'.

Técnicamente, a cancelación consiste no boicot ou retirada de apoio público a toda persoa ou institución que incorra en prácticas ou difunda ideas culturalmente inaceptables. Pero como ideoloxía, a ideoloxía 'woke' como é coñecida en Estados Unidos onde xurdiu, vai máis alá: o seu obxectivo é a deconstrución da herencia cultural occidental, baixo sospeita por considerarse sexista, racista e  colonialista.

Trátase, polo tanto, dun dos grandes debates sociais do noso tempo e por iso na Biblioteca Municipal Os Rosales imos dedicarlle o noso seguinte ciclo temático, que leva por título 'A era da cancelación: identidades, corrección política e guerras culturais no século XXI".  

O ciclo temático consta dos seguintes contidos:

Galería de fotos da exposición bibliográfica

Buscar en Flickr

Buscador de actividades

Escribe la palabra o palabras que deseas buscar:

Si lo prefieres, combina distintos criterios en la búsqueda avanzada o busca en un calendario

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión