A Ciencia é a explicación para todo ou case todo.
Neste centro de interese, queremos dar resposta ás materias STEAM (Science, Technology, Engineering, Art, Mathematics) agrupando libros de ciencia, tecnoloxía, enxeñaría, matemáticas e artes. Tratase de educar na transversalidade e que estas ramas non se traballen de xeito illado, senón de maneira interdisciplinar. O modelo STEAM replica os modos nos que se desenrola a ciencia: fai preguntas, examina, indaga, experimenta, plantexa hipóteses e verifica as respostas.
Do que se trata é de provocar de maneira intencionada procesos de investigación científica para a aprendizaxe conxunta de novos conceptos de Matemáticas, Ciencias e Tecnoloxía dentro dun proceso práctico de deseño e resolución de problemas, tal e como se fai en Enxeñaría no mundo real.
A quen se dirixe?
A rapazas e rapaces entre 9 e 14 anos con inquedanzas polo coñecemento e funcionamento das cousas. O principal obxectivo é o de impulsar as capacidades das rapazas e rapaces nas cinco disciplinas de maneira integrada.
Este tipo de método permite ás nenas e nenos explorar e comprender o mundo que lles rodea e desenvolver as competencias lingüística, colaborativa e imaxinativa, habilidades esenciais
A aplicación do método STEAM demostra que aumenta o interese en Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría, e Matemáticas, xa que involucra a quen o utiliza na solución de problemas, traballo en equipo, e a construir solucións reais e tanxibles.
Obxectivos
Obxectivos específicos:
Que materiais podo atopar
O centro de interese CienciaPro está dividido en catro seccións inspiradas no método científico.
Podes atopar todos os libros deste centro de interese no catálogo en liña. Non esquezas que se o material que queres está noutra biblioteca podes solicitar que cho enviemos á túa para que o leves en préstamo.
Vídeo sobre o centro de interese
También te puede interesar
También te puede interesar
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible