Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Saúde e benestar na biblioteca. Menopausa como oportunidade

Dende o ano 2013 a Biblioteca Castrillón ven de ofertar un outono temático no que intenta poñer de manifesto a importancia da biblioteca como lugar de encontro, intercambio de inquedanzas e participación. Este ciclo de Corazón do Barrio está adicado á saúde e o benestar, temática tratada polo Obxectivo de Desenvolvemento Sostible número tres.

Entender a menopausa, desde un enfoque biopsicosocial, é fundamental para poder tomar as rendas da nosa saúde e vivir esta etapa dunha maneira máis plena e satisfactoria. Falaremos sobre os cambios físicos e como abordalos, sobre sexualidade, sobre aspectos sociais, e daremos espazo para comentar calquera inquedanza. Así, entre todas, cambiaremos a mirada cara a esta etapa. 

Impartida por Carol Strate Pezdirc, xinécologa con experiencias previa na divulgación da temática

Queres saber ...

  • Corazón do barrio

    En que consisten Corazón do barrio?

    Dende ano 2013 a Biblioteca Castrillón oferta un outono temático no que intenta poñer de manifesto a importancia da biblioteca como lugar de encontro, intercambio de inquedanzas e participación.

    Este programa está destinado a toda a veciñanza e ten como liña de traballo principal manternos como "corazón do barrio" que non deixa de latexar e que intenta detectar intereses aos que poder dar resposta.

    Contaremos coa presenza de persoas expertas que nos compartirán a súa experiencia e coñecemento sobre cada ciclo temático.

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión