Encontros e presentacións
Persoas adultas, Xuvenil
21/06/2018
Xa rematou
18.45 horas
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Tel.: 981 184 384
Eva Mejuto falará sobre o seu último libro, "22 segundos", no que se trata a transexualidade.
A historia de 22 segundos, editado por Xerais, é a historia de Álex, un rapaz que, acompañado da súa familia e amizades, percorre o camiño da identidade para chegar a ser quen en realidade é.
Achégate á biblioteca coller un exemplar en préstamo ou, se o prefires, témolo tamén en formato dixital.
Na presentación intervirán Rocío Fraga, concelleira de Igualdade e Diversidade, Isabel Blanco, directora da Rede de Biblitoecas Municipais da Coruña e Eva Mejuto, autora do libro.
Queres saber ...
En que consisten os encontros e as presentacións?
Coñecer o teu escritor favorito, charlar con esa autora que acaba de presentar nova obra... Nos encontros e presentacións de libros poderás descubrir novos materiais nas nosas bibliotecas e preguntar todo aquilo que che interese directamente aos seus responsables.
Máis informaciónPrazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible