Baixo o lema "Un libro ao teu carón: festa do libro 2023", as bibliotecas municipais organizan un completo calendario para celebrar o Día do Libro, a semana previa ao 23 de abril, permitindo participar á veciñanza dos seus barrios en roteiros, obradoiros ou conversas con persoas que teñen moito que dicir dos libros.
Chega abril e con el unha das nosas celebracións máis queridas: o Día do Libro. Este ano, máis que nunca, queremos ser o epicentro da festa nos barrios e poñer os libros ao teu carón, e para iso temos preparada unha proposta fantabulosa que se suma á nosa programación habitual, concentrada na semana previa ao 23 de abril: obradoiros creativos, roteiros e encontros literarios, lecturas en voz alta, agasallos... e libros, moitos libros!
Seguro que xa coñeces os nosos programas de contacontos e promoción lectora para crianzas de 0 a 7 anos, os clubs de lectura e de divulgación científica, os encontros para familias, etcétera. Se a iso sumamos todas as actividades extraordinarias da semana, xa temos a festa feita!
O calendario completarase con mostras de temática variadas en cada biblioteca, que teñen como denominador común achegar á cidadanía curiosidades literarias e a diversidade do libro, e coa solta de libros nos barrios, preto das bibliotecas, durante toda semana. Estes "libros libres" levarán unha tarxeta para que a persoa que os atope poida compartir o instante nas redes sociais, o que virá dar máis sentido, incluso, ao lema escollido: levar "un libro ao teu carón". E é que, ao noso través, o libro, este abril, toma os barrios!
Solta de libros
Queremos que os libros saian dos nosos andeis e paseen polos nosos barrios! Por iso, a partir do luns 17, cada biblioteca liberará lotes de libros variados nos seus arredores, que estarán identificados con etiquetas e tarxetas onde se explicará a dinámica desta solta simbólica das palabras, facendo do barrio enteiro unha biblioteca. Avisaremos a través de pistas nas nosas redes sociais de onde e cando buscalos.
Quen atope algún destes libros, pode quedar con el, levalo para a casa, lelo e despois volver deixalo en calquera lugar para que outra persoa o recolla e poida gozar con el. Animamos á veciñanza a compartir a súa foto co libro libre xunto co cancelo #unlibroaoteucarón e citando a @bibcoruna en Instagram ou Twitter.
Actividades nas bibliotecas (do luns 17 ao sábado 22)
Para nenos e nenas de +8 anos:
Para a mocidade:
Para persoas adultas:
Mostras bibliográficas: a diversidade do libro
BIBLIOTECA |
MOSTRA |
DESCRICIÓN |
DURÁN LORIGA |
Libros para aprender |
Libro informativo atractivo |
SAGRADA FAMILIA |
Libros para ver e desfrutar da pintura |
Libros de arte para todas as idades |
CASTRILLÓN |
Libros que falan de libros |
Libros metaliterarios |
FÓRUM |
Libros belidos |
Libros de edicións coidadas e de luxo |
ESTUDOS LOCAIS |
A Coruña, escenario literario |
Libros ambientados na Coruña |
ROSALES |
Emoción, intriga e dor de barriga |
Libros de intriga e misterio |
MONTE ALTO |
Libros con vida |
Libros biográficos |
También te puede interesar
También te puede interesar
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible