Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Bibliotecas Municipales

Área de Fomento y Promoción de la ciudad

Corazón do barrio 2022/23: Vida saudable

Novo ciclo temático do programa de outono "Corazón do barrio" da Biblioteca Castrillón baixo o título "ODS3 Vida saudable", dende outubro ata marzo.

Vida saudable

Chega un novo outono de Corazón do barrio á Biblioteca Castrillón. Dende a biblioteca observamos o contexto actual de crise sanitaria no que a cidadanía manifesta a  necesidade ter un espazo seguro ao que acudir e poder informarse e formarse en temáticas vinculadas á saúde e ao benestar.

Xunto ao contexto da crise sanitaria, dende a Asociación de veciñanza do barrio IAR , xurdiu tamén a  necesidade de formar un grupo de traballo con diferentes entidades do barrio co obxectivo de elaborar nun futuro próximo un Proxecto comunitario para a prevención da drogodependencia.

Tanto a iniciativa das asociacións do barrio coma o contexto de crise sanitaria considerámolos argumentos e xustificacións suficientes para que este outono a biblioteca promocione os seus recursos vinculados á saúde e o benestar para sumar na iniciativa global do barrio con diferentes accións.

Corazón do barrio

Dende ano 2013 a Biblioteca Castrillón oferta un outono temático no que intenta poñer de manifesto a importancia da biblioteca como lugar de encontro, intercambio de inquedanzas e participación.

Este programa está destinado a toda a veciñanza e ten como liña de traballo principal manternos como "corazón do barrio" que non deixa de latexar e que intenta detectar intereses aos que poder dar resposta.

As Nacións Unidas aprobaron os ODS no septuaxésimo período de sesións da Asemblea Xeral, realizado en setembro de 2015. A súa consecución final quedaría plasmada nun mundo composto por cidadáns mundiais que se ocuparían de:

Crear un mundo cunha paz duradeira: un mundo sen pobreza nin fame e onde todas as persoas gocen de saúde e educación. Un mundo onde honremos e protexamos a vida baixo a auga e na terra. Un mundo de paz e xustiza para todas e todos.

Baixo a premisa de que a cidadanía é un axente clave na consecución dos fins da Axenda 2030, este proxecto pretende xerar espazos de participación e reflexión, espazos para cocrear novos imaxinarios sobre modelos de vida máis respectuosos a nivel social, medioambiental e económico á vez que melloramos o coñecemento da poboación sobre os ODS e das súas metas.

ACCIÓNS CONCRETAS:

1. Difusión e selección do material da temática fóra e dentro da sala

  • Mostra bibliográfica na biblioteca
  • Préstamo de lotes a aulas escolares e entidades
  • Temáticas seleccionadas: alimentación, defensas, vitaminas, manterse en forma, exercicio na casa, terapias alternativas: mindfulnes, ioga, coidado das nosas persoas maiores, envellecemento activo, xestión de emocións, dor e enfermidade, durmir ben, adolescencia,  drogas,  adiccións, lecturas que curan etc.

2. Prevención dos trastornos alimentarios no ámbito familiar, sinais de alarma

20 de outubro ás 19.00 h - Corazón do barrio 2022. Saúde e benestar. Prevención dos trastornos alimentarios. destinada a nais, pais e titoras/es. Impartida por unha psicóloga de ABAC (Asociación Bulimia e Anorexia da Coruña). 

3. Que comen os nosos fillos? Menús saudables. Fomento dunha alimentación correcta. 

9 de novembro ás 19.00 h - Corazón do barrio 2022. Saúde e benestar. Que comen os nosos fillos? . Impartida por unha nutricionista de ABAC (Asociación Bulimia e Anorexia de A  Coruña). 

4. Medicina das causas: saúde a través do estilo de vida

23 de novembro ás 19.00 h -  Corazón do barrio 2022. Saúde e benestar. Medicina das causas: saúde a través do estilo de vida e impartida pola doutora e instagramer Estefanía Zardoya Cabo.

5. Así non hai quen viva: emocións e saúde

30 de novembro ás 19.00 h - Corazón do barrio 2022. Saúde e benestar. Así non hai quen viva: Emocións e saúde  impartida pola doutora e instagramer Estefanía Zardoya Cabo.

6. Lecturas e socialización. Encontro Interxeneracional 

14 de decembro ás 18:00 h. Encontro interxeneracional ao redor dunha lectura común entre os dous clubs de lectura e as/os integrantes do programa infantil Obxectivo Biblioteca.

7. Técnicas de benestar físico, mental e emocional

A través de dous talleres coa periodista e terapeuta Concha Pita Conde faremos unha primeira toma de contacto as técnicas de benestar:

  • 21 de marzo ás 19h. Respiración natural e medicación. Aplicacións prácticas parfa a saúde e o benestar.
  • 28 de marzo ás 19h. Corpo e mente consciente ou a arte de cultivar unha enerxía saudable a través do movemento.

8. Xestión emocional para nais e pais: entender a adolescencia

Canto máis saibamos sobre a preadolescencia e a adolescencia e sobre o desenvolvemento natural do neno ao adulto, mellor entenderemos aos nenos e nenas. Sentirse comprendido é unha das sensacións máis agradables e terapéuticas que existen.

A psicoterapeuta Isabel Fernández García pretende con estas dúas charlas participativas paliar a frustración de pais e nais no seu labor de orientación e acompañamento. Ademais, tentarase aclarar a confusión e actualizar os ideais de ser pai e nai, así como buscar o equilibrio entre nai e muller e pai-home.

  • 17 de abril ás 19h. Xestión emocional para nais e pais. Entender a adolescencia
  • 24 de abril ás 19h. Xestión emocional para nais e pais. Entender a adolescencia

Buscador de actividades

Escribe la palabra o palabras que deseas buscar:

Si lo prefieres, combina distintos criterios en la búsqueda avanzada o busca en un calendario

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión